|
 A Peneira dos Soños Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia
|
|
|
|
| Juan Casares, Váquez Portomeñe, Daniela Zizi, Luís Celeiro, Valentín García, Benedict Buono e Xosé Mª García Palmeiro no Museo das Peregrinacións de Santiago, no acto de presentación da edición en italiano do libro "Elías Valiña, valedor do Camiño". +información
|
|
|
|
TÍA
MANUELA Camiño da liberdade Ler artigo _____________________
Traducen ao italiano o libro Elías Valiña, o
valedor do Camiño, da autoría de Luís Celeiro. Trátase dun ensaio sobre o
cura do Cebreiro editado en 2007. Na foto, Francis Buono, profesor de
Filoloxía Italiana na USC, e Daniela Zizi, profesora da Universidade de
Cagliari, responsable da tradución. +información ____________________Feira de Artesanía e Produtos Naturais na Ponte de
Lóuzara (Samos), co pregón de Luís Celeiro e unha homenaxe as mestras
das escolas unitarias. +informaciónObituario de Jesús Timoteo Álvarez, catedrático de
periodismo da Universidade Complutense, por Alberto Barciela, periodista.
+información
|
|
|
|
|
|
|
Luís Loureira figura
outro ano máis no ranquin dos galegos máis influentes, elaborado polo xornal El Correo Gallego.
Neste 2018, está no
número 223, o ano pasado estaba no número 229 e no ano 2016, estaba no nº
248.
|
|
|
|
|
|
CRÍTICA |
A obra Loureira leva tempo ascendendo desde a materia inerte á forma definitiva e sosegada, á estrutura serena e decidida cunha expresión austera que redime o metal para crear formas sólidas, bronce de soidades que vai sedimentando, sementando e cimentando unha sensibilidade reflexiva como a que propicia a terra montesía da que o autor procede. Desde a revelación atenta, autodidacta, Loureira non agrede a forma con esa teimosía tan ó uso de certa plástica ventureira. O seu é un esforzo en conceptos xeométricos nun microcosmos estable e persoal. Así, todo pode trasmutarse nun escenario entregado ó ornamental, mais a dinámica da experimentación vive en Loureira con homildosa pero escintilante presenza.
Rosa Catarina | |
|
|
|
|
|