“A forza da mirada†é a derradeira escultura incorporada ó Bosque de Europa, en Santiago de Compostela
O Bosque de Europa, espacio poboado de árbores e esculturas, que rodea o Pavillón que representou a Galicia na Expo Universal de Sevilla do ano 1992 e que agora está ubicado, como sede do IGAEM e do Xacobeo, na zona de San Lázaro de Santiago de Compostela, conta desde primeiros deste ano cunha obra do escultor Samonense, LuÃs Loureira. Tratase dunha peza escultórica construida con cobre, pedra e ferro, “tres materiais que –segundo o autor- teñen tanta capacidade de resistencia coma a que necesita o pobo galego para aguanta-las inclemenciasâ€.
Esta obra foi pensada para o remate do Camiño de Santiago, “entendendo que se trata dun Camiño de ida e volta†e que a escultura vai funcionar coma o eixo da VÃa Lactea. É como unha porta de pedra aberta cara Santiago e cara o mundo. Unha caravilla de ferro penduranda lateralmente, sen posibilidade de ser usada, mostra que esta porta está aberta –como quere o seu creador- á libertade.
Unhas veces fronte e outras ó carón do vento, a escultura de Loureira obriga a parar e a mirar, invita a escoitar, axuda a reflexionar sobre as dificultades que teñen que superar os peregrinos que seguen a rota xacobea desde puntos lonxanos. É un cruce de miradas no que se observa unha enorme forza contra a gravidade.
Un cubo de cobre soporta a dúas lastras de pedra rectangulares, erguidas en paralelo, cun dos seus vértices supostamente no chan e co oposto enderezado cara o ceo, a unha altura de cerca de tres metros. Unha especie de transito para a luz atravesa as dúas pedras á mesma altura, facéndoas transparentes e resitentes ó mesmo tempo.
A forza da mirada é a segunda obra de gran tamaño de LuÃs Loureira, a anterior formou parte, no ano 1997, da exposición de esculturas actuais de Galicia que, dentro do proxecto “Galicia Terra Únicaâ€, se fixo en A Coruña. Aquela era unha peza de ferro e madeira, de tres metros de altura, Intersección, definida pola crÃtica como a “intersección entre o pasado e o porvirâ€.
O autor, LuÃs Loureira é fillo de labregos das montañas de Lugo, o segundo de cinco irmáns, nacido e criado no concello de Samos, nas proximidades do milinario Camiño de Santiago. El afirma que está unido ó Courel “polos montes e pola poesÃa de Fiz Vergara de Santalla e de UxÃo Novoneyra de Paradaâ€. Unha mestra rural e a súa nai aprenderonlle as primeiras letras, alicerce da súa formación no Instituto de Lugo e despois na Universidade Complutense de Madrid, para doutorarse máis tarde na de Santiago de Compostela. |