O Premio á Mellor empresa ou institución que destacase por un singular esforzo no campo da comunicación foi para a Universidade de Santiago de Compostela, en recoñecemento ao labor desenvolvido polo seu Gabinete de Comunicación. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño entregoulle ao reitor, Senén Barro Ameneiro, a "Canles de palabra". |