As mans dos soños cicelan o tempo
Sobre unha base de granito emerxe unha estrutura proxectada en sentido vertical. Dous pivotes son o elo de unión entre pedra e castiñeiro nunha continuación de sólido e elegante equilibrio. Dous xeolóxicos alicerces agroma con aérea firmeza esta peneira na que soños e tempo se materializan nunhas formas onde os materiais son o principio ético e estético que inician o camiño alegórico.
à firmeza de formas verticais, rotundas como columnas megalÃticas, sÃmbolo de permanencia e dinamismo, xúntase a dozura dunha forma superior, que como un abrazo ou asideiro nos proxecta o pensamento máis alá dos logros conseguidos. Todo é obra do home e da súa experiencia antropolóxica; entrega en anos e vivencias. Da constancia no mirar xorde o empeño de permanencia.
A man do artesán é un rÃo no tempo, un unha testemuña na historia anónima, moldeados nos materiais da terra, que son os que presentan a forza do telúrico. O tempo que só se mide en soños peneirados e se rebela contra o tempo tomando forma na materia traballada, nunha obra sempre aberta e sempre inacabada.
Un berro de linguas irtas que abrolla no peito do vento para a peneira cernar en grans escolleitos.
CON-TEXTO
Dende hai moito tempo, antes mesmo do principio da historia, a humanidade pechouse diante do temor ao ignoto e na agonÃa de ter que ler no seu propio contorno. Coa timidez dun primeiro raio primaveral, decatouse de que a mÃnima herbiña dun lameiro era a revelación de todo, e coa vista hai pouco recobrada iniciou navegacións por solpores nunca antes presentidos. En contra da natureza construÃronse moitos monumentos e agora é a hora de deixar caer o disfrace de présas e atordamento, de repensar un ritual caduco de pantallas e neon que envorcan sinistras mensaxes equÃvocas.
Arrombar a turba cortina de cadros catódicos, recuperando unha chuvia antiga de salmos no vento. Para non rematar na cegueira total e na loucura, renovamos o xeito de mirar; simplificamos a estrutura e gañamos en profundidade.
Os homes, as mulleres, pensan, crean, traballan, inventan, corren, aman... e cando a penumbra avanza no curruncho dos soños, unha VÃa Láctea de fariña ben peneirada dá sentido ás horas do reloxo. Sobre sólidos argumentos colectivos a obra continúa.
Sae o sol polo souto e abandonamos o retiro cunha voz nova que resoa no regazo da mañá. Repousa esta peneira no tempo como rescaldo que o soño avivece.
ENTRADA
LuÃs Loureira adestrou a súa mirada profunda e chea de horizontes nos labradÃos da montaña luguesa. A súa experiencia vital xermola no concello de Samos, e foi testemuña activa dunha cultura rexida polos ciclos estacionais. É por iso que na súa obra sempre agroman as orixes tradicionais de fonda raizame popular, tanto na escolla dos materiais como na pegada artesanal.
Hai no noso autor unha evolución moi coherente dende os seus primeiros tempos até/ata hoxe, tanto na forma de pensar as súas obras como na forma de realizalas. Un proceso minucioso e longo que parte, nunha primeira fase, de intuicións estéticas que se van consolidando de vagariño en asentadas formas, plenas de contido.
As súas primeiras manifestacións decÃdense por formas redondeadas e elÃpticas nunha afirmación e preferencia que evolucionará cara a planos de formas xeométricas máis definidas e inestables arquitecturas de difÃcil equilibrio.
Fiel sempre aos materiais, que traspasan os lÃmites de soporte para ser, por si mesmos, parte fundamental na expresión de contidos. Estes elementos fundamentais son medio e inspiración que, partindo dunha fonda querenza patrimonial, se complican dun xeito emocional, racional e histórico nunha voluta de reflexións sobre o espazo, o tempo ou o misterio ontolóxico.
Loureira non lle pon couto á mirada e é dos que pensan que un castiñeiro, un carballo ou unha mÃnima manifestación da natureza é un tumultuoso eco preñado de significados. A forza da man aférrase á materia e extrae a arquitectura que descifra o xeroglÃfico.
Suso Oreiro |