A Feira de ArtesanÃa e Produtos Naturais da Ponte de Lóuzara (Samos), organizada pola asociación Fonte da Cova, en colaboración Concello de Samos e a Deputación Provincial de Lugo, celebrou a súa decima edición o dezasete de agosto de 2017 e no transcurso da mesma rendeuse unha homenaxe as mestras e mestres que traballaron, nas décadas dos sesenta, setenta e oitenta, nas escolas unitarias da zona.
Lóuzara é un val con catro parroquias, Gundriz, San Cristovo, San Xoán e Santalla e a localidade da Ponte, da parroquia de San Xoán, foi durante a segunda metade do século pasado o centro comercial da contorna, con feira tódolos dÃas dezasete. O pregoeiro desta edición foi o xornalista LuÃs Celeiro, quen agradezo a invitación, “xa que teño mitos vÃnculos con estas terras, de onde procede a metade da miña familia e moitas amizadesâ€.
A presentadora do acto foi a veciña, Alba Ãlvarez Vergara, quen deu paso ao pregoeiro, ao alcalde de Samos, Julio Gallego e foi citadno unha a unha as emocionadas mestras presentes e ao único mestre, José Antonio DÃaz Escolante. Como dixo a presentadora, eta foi unha edición moi especial, “queremos mostrarlles as que foron mestras das escolas desta zona aprecio e a gratitudeâ€, coa entrega a cada unha dun diploma de agradecemento “polo seu traballo e bo facer como mestra que foi desta zona, naqueles tempos e circunstancias tan difÃciles, axudándonos a pensar, aprendéndonos a facelo e dándolle o valor debido ao coñecemento, ferramenta necesaria para labrar o futuroâ€. As mestras participantes no acto foron: Marisa Aira DÃaz, Conchita Casas Davila, José Antonio DÃaz Escolante (o único home), Marujita DÃaz López, Pascuala Dorado Fernández, Alicia Fernández Paredes, Paz Fernández Sánchez, Olga Fernández Vázquez, Carmen Iglesias Castro, Maribel López Armada, Teresa López Fernández, Emilia Marzabal Alvaredo, Pacita Sánchez Castaño, Lelucha Sanfiz Mera e Aurora Trebolle López.
O alcalde tamén agradeceu a presenza das mestras, “grazas por vir e, sobre todo, vai para vostedes o noso agradecemento polo traballo que fixeron cos nosos veciños naquelas épocas de incomunicación e tantas dificultades para a mobilidade e para o aceso á formación e a culturaâ€.
Ligazóns:
Texo do PREGÓN de LuÃs Celeiro
Artigo `Mestras do espertar"
“ArtesanÃa e gastronomÃa tradicional na feira de Lóuzaraâ€
“Enseñanza en el rural gallego, un mundo de nostalgiaâ€
“Homenajeados 16 maestros en la feria de artesanÃa de A Ponte de Lóuzaraâ€
“A Ponte de Lóuzara recuperó por un dÃa el esplendor de las ferias de antesâ€
|