A exposición Camiño ComPostal, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), abriu o once de marzo a súa última parada, que se prolongará ata o 21 deste mesmo mes, no Museo das Peregrinacións de Compostela. à apertura asistiron Anxo Lorenzo, director xeral de PolÃticas Culturais, e Esperanza Gigirey, directora do Museo das Peregrinacións; ademais do presidente da asociación organizadora, Xosé MarÃa GarcÃa Palmeiro, e o comisario da mostra, o xornalista e reporteiro gráfico José Manuel Salgado.
Foi Salgado o encargado de presentar a estadÃa en Compostela da Mostra, que reúne 110 postais históricas “que, no seu dÃa, eran moito máis que un simple souvenir: habÃaas sobre acontecementos, sobre novas, sobre o dÃa a dÃa, e eran un auténtico medio de comunicaciónâ€. A súa transcendencia, explicou o comisario, “foi probablemente maior que as actuais redes sociais, e pódese entender recordando simplemente que ata que apareceron era probable que un madrileño non soubese como era a Catedral de Santiagoâ€. “Cada unha das postais expostasâ€, contou, “ten a súa propia historiaâ€.
O director xeral de PolÃticas Culturais, Anxo Lorenzo, expresou, pola súa banda, o seu apoio a “unha exposición sinxela pero moi significativaâ€, incluÃda dentro das axudas que a Xunta achega a través do programa O teu Xacobeo, que buscan, “con iniciativas coma esta, a máxima difusión territorial de actividades promovidas por axentes socioculturais, empresas e instituciónsâ€. Mentres, o presidente de APECSA, Xosé Mª GarcÃa Palmeiro, agradeceu o “agarimo co que o Museo das Peregrinacións e a súa directora, Esperanza Gigirey, acollen sempre as iniciativas de APECSAâ€. “Camiño ComPostal remata aquà a súa peregrinación, de xeito moi significativo, despois de percorrer tódolos outros concellos do Camiño Francés en Galicia", resumiu.
Introdución ao Catálogo
Un recordo entrañable
O tema é ben bonito. No seu tempo foi unha revolución no sistema de comunicación, de transmisión de mensaxe por prezos económicos, máis económicos que a carta en sobre e co texto á vista, asinado -pola forza da lei- por quen era remitente e responsable. O control do escrito era doado, aÃnda que ás veces habÃa mensaxe entre liñas. A pesar de que xa se imprimÃan dous anos antes, a tarxeta oficial máis antiga que circulou polo territorio do estado Español é de 1873. Segundo se ditaba na disposición gobernamental da súa creación, a Tarxeta Postal tiña que ir ao descuberto, “isto é, sen sobre; e en ningún caso poderán dobrarse, enrolarse nin acondicionarse de modo que se descubra o obxecto de ocultar unha parte calquera da súa superficie, ou de modificar o carácter esencialmente ostensible desta clase de correspondenciaâ€.
Foi como unha revolución no ámbito da impresión, da promoción turÃstica e, mesmo, da comunicación, cun impacto económico, cultural e de divulgación de paisaxes, lugares e monumentos de grandes magnitudes. Probablemente, o impacto da postal fora das mesmas dimensión do que foi, nestes tempos novos, o das redes sociais. Facebook, YouTube, WhatsApp, Instagram, Weibo, Twitter e LinkedIn son moi eficaces, pero menos entrañables do que era aquela postal que viña á casa como se "fose a auga de maio", sempre oportuna, sempre ben recibida e, case sempre, moi agradable e con texto informativo e cariñosas mensaxes.
A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), que preside o veterano xornalista Xosé MarÃa GarcÃa Palmeiro e da que me honro de ser vicepresidente, atendendo á suxestión do socio, colega e amigo, José M. Salgado, presentou un proxecto modesto para a realización dunha exposición con postais antigas e con motivos relacionados co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. É unha exposición que complementa a nosa liña de actuación e de consideración do Camiño de Santiago como un espazo de comunicación en directo.
Este proxecto foi valorado no marco do programa O TEU XACOBEO da Xunta de Galicia e acadou financiamento do mesmo para o seu desenvolvemento. AsÃ, a Exposición, nunha primeira quenda, estará presente nos doce concellos galegos do Camiño Francés. Vaia por diante o agradecemento de APECSA aos alcaldes, membros das corporacións municipais e persoas destes concellos, aos que cito por orde xeográfica: Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, PortomarÃn, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela. Agradecemento tamén ao Xacobeo e ao Museo do Castro de Viladonga, por deixarnos xenerosamente a palloza de Quico, do Cebreiro, para comezar o percorrido.
En 2013, Mariana López Hurtado defendeu na Universidade Complutense de Madrid a súa tese de doutoramento sobre “A tarxeta postal como documentoâ€, un traballo dirixido polo profesor Juan Miguel Sánchez Vigil. MagnÃfico e, xa que logo, recomendable para todas aquelas persoas que andan coa cabeza en temas de comunicación, para aquelas que queiran saber o que houbo antes do que hai agora.
Segundo revela a doutora, a primeira tarxeta postal é austrÃaca, de 1869, e aparece como un medio de comunicación para o comercio, procurando abaratar os custes do correo postal en sobre. Moi rapidamente estendes por toda Europa e funciona como medio para o intercambio de mensaxes breves, para transmitir saúdos e, incluso, para achegar textos cifrados, en perÃodos de conflitividade e de guerra.
Estamos, pois, no 150 aniversario da aparición da primeira postal e o nove de outubro é o DÃa Mundial do Correo, declarado polo Congreso da Unión Postal Universal (UPU), celebrado en Tokio en 1969. APECSA coa exposición “Camiño ComPostal†únese a estas conmemoracións, intentando divulgar o saber adquirido dos pasados e defendendo e apuntalando a liberdade na transmisión de información e de coñecemento, a través de tódolos e de calquera medio de comunicación e de divulgación. Estamos reavivando un recordo entrañable. Amén!
LuÃs Celeiro Ãlvarez Periodista e vicepresidente da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)
|