Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

Orientado á prescrición de deberes escolares de calidade

MÉTODO DE IMPLEMENTACIÓN DE TAREFAS PARA A CASA (MITCA)

Elaborado polo Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) da Universidade da Coruña

13/11/2020


O Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) da Universidade da Coruña, en colaboración con investigadores/as doutras universidades e cun grupo de profesores/as dos últimos cursos de Educación Primaria, deseñaron un método para a prescrición de deberes escolares de calidade. Trátase do Método de Implementación de Tarefas para a Casa (MITCA), que ten como propósito converter os deberes escolares nun recurso educativo capaz de mellorar a autorregulación da aprendizaxe e o compromiso escolar dos estudantes. Concretamente, este método intenta que as tarefas para a casa:

• sexan entendidas polo alumnado como instrumentais, interesantes e valiosas para o seu progreso académico,
• teñan un propósito claro e sexan sensibles á diversidade do alumnado,
• sirvan aos alumnos/as para autoavaliarse e coñecer os seus puntos fortes e menos fortes, e
• contribúan a mellorar a planificación e a xestión do tempo por parte do alumnado.
O Método de Implementación de Tarefas para Casa (MITCA) elaborouse baixo cinco condicións que debe cumprir unha prescrición de deberes escolares de calidade:

1. Prescribir proporcións similares de tarefas de repaso, organización e elaboración, tanto de tarefas post-tema como pre-tema. TAREFAS DIVERSAS.
2. Concretar a prescrición das tarefas en función dos procesos cognitivos que implican e polo traballo mental que precisan e os contidos que abordan. TAREFAS CONCRETAS.
3. Establecer o valor das tarefas que se prescriben, de tal forma que o profesorado transmita a utilidade, interese e aplicabilidade das mesmas. TAREFAS VALIOSAS.
4. Facilitar que o alumnado planifique e organice o tempo que dedica aos deberes escolares. Para elo proponse unha prescrición semanal das tarefas así como establecer franxas horarias para a súa realización. TAREFAS SEMANAIS.
5. Corrixir as tarefas semanalmente indicando os puntos débiles e os puntos fortes e proporcionando ao alumnado un feedback informativo e motivacional. TAREFAS CORRIXIDAS.

Vídeo.- Versión en galego 
Vídeo.- Versión castelán 

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu