Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos”,

En Paradela, ata o día 15 xuño de 2021

09/06/2021


A Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos”, inaugurouse o venres, día 4 de xuño de 2021, no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela), onde estará aberta ao público, en horario de 16 a 21 horas e de luns a venres, ata o 15 deste mesmo mes de xuño. (noutros horarios, os interesados deberán concertar visita no teléfono: 982 54 11 01).

No acto inaugural participaron o alcalde Paradela, José Manuel Mato; a Comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira; a delegada territorial de Cultura de Lugo, María Xosé Gómez; o concelleiro de Paradela, Adrián Fernández; o presidente e o secretario da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), Xosé María García Palmeiro e José M. Salgado, respectivamente.

A exposición, comisariada por Luís Celeiro, está constituída por 12 paneis de 120x90 Cm. No primeiro dos paneis, a modo de ficha técnica, indícase quen son os organizadores da mostra, e proporciónanse datos referidos á mesma, mentres que outros dez están dedicados ás dez cantigas que se conservan deste autor medieval. Nove son cantigas de Amigo e unha é de Amor.  O último dos paneis recolle un mapa no que se relacionan os lugares por onde os expertos din que se movía o trobador e aqueles que el cita nas cantigas, pertencentes aos concellos de Samos e O Incio.

Esta Exposición itinerante e didáctica, xa estivo en Sarria e Láncara. Despois de Paradela  estará en Triacastela (18 de xuño –29 de xuño 2021), en Samos (2 de Xullo – 21 de xullo 2021), en O Incio (22 de xullo –5 de agosto 2021), en Folgoso do Courel (6 de agosto – 17 de agosto 2021), Portomarín (19 de agosto – 30 de agosto 2021) e Pedrafita do Cebreiro (1 de setembro – 11 de setembro 2021).

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu