A Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de MartÃn de Padrozelosâ€, inaugurase o venres, dÃa 2 de xullo de 2021, no Concello de Samos. No acto participaron o alcalde, Julio Gallego; o presidente da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), Xosé MarÃa GarcÃa Palmeiro; a responsable territorial de Turismo de Lugo, Paloma Vázquez; o comisario da Exposición, o xornalista LuÃs Celeiro Ãlvarez, e un nutrido grupo de veciños do concello, maioritariamente de Lóuzara, de onde, segundo os investigadores, era natural o Trobador medieval.
Esta Exposición, coas dez cantigas de MartÃn de Padrozelos, chegou a Samos, procedente de Triacastela, e permanecerá aberta ao público ata o 21 de este mes. Despois, seguirá a súa itinerancia polos concellos do Incio (22 de xullo –5 de agosto 2021), Folgoso do Courel (6 de agosto – 17 de agosto 2021), PortomarÃn (19 de agosto – 30 de agosto 2021), ata rematar en Pedrafita do Cebreiro (1 de setembro – 11 de setembro 2021). Inicio o seu recorrido na Antiga Prisión Preventiva de Sarria, o dÃa sete de maio pasado, despois foi a Láncara, Paradela e Triacastela.
Trátase dunha mostra que transmite e fai visible a importancia da lÃrica galega na Idade Media. É de carácter divulgativo, axudando a coñecer a MartÃn de Padrózelos, que no dicir do profesor, Xulio Pardo de Neyra, é o primeiro escritor coñecido da literatura galega, “un poeta cuxo nome serÃa Martin Pérez de Padrozelos, con vinculacións co mosteiro de Samos e as terras do Incio, fundamentalmente de San Salvador e o Val do Mao.
O grupo A Quenlla musicou as dez cantiagas deste trobador e, segundo anunciou o alcalde de Samos, Julio Gallego, acturá nesta localidade o dÃa oito de agosto, nun concerto especial con estas dez cantigas. O concerto será presentado polos promotores do proxecto “MartÃn de Padrozelos, andares pola lÃrica galegaâ€, promovido pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), impulsado e coordenado polo xornalisla LuÃs Celeiro.
Documental, “Trobador no Camiño, andares pola lÃrica de MartÃn de Padrozelosâ€: https://www.youtube.com/watch?v=nm3bwdWrQ4Q
|