A Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de MartÃn de Padrozelosâ€, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (AEPECSA), no marco do programa “O teu Xacobeoâ€, inaugurouse, o dÃa 22 de xullo, no Concello de O Incio, nun acto no que participaron o tenente de alcalde, Ramón Mourelo; o Xefe Territorial de Presidencia da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, Gerardo Criado Guizán; o presidente e o secretario da Asociación organizadora, Xosé MarÃa GarcÃa Palmeiro e Xosé Manuel Salgado, respectivamente, e o comisario da Exposición, LuÃs Celeiro Ãlvarez.
Tamén asistiron ao acto as irmáns Marica e Tereixa Campo, Manuel Vázquez Teijeiro, responsable da itinerancia da Exposición; Antonio GarcÃa Montero, Xosé M. Vila Chantres, Alicia López Rosón, Paco Castro, Maruja de Airapadrón e un grupo de veciños e veciñas do Incio e Samos, coñecedores das terras de MartÃn de Padrozelos, aos que o comisario da Exposición, LuÃs Celeiro agradeceu a súa presenza e animou a coidar e respectar o pasado, como “sinal do que fomos e somosâ€.
A Exposición, coas dez cantigas de MartÃn de Padrozelos, un dos primeiros trobadores coñecidos da lÃrica galega, estará aberta ao público polas mañás, de luns a venres, ata o 5 de agosto. Trátase dunha mostra, de carácter divulgativo e itinerante, que transmite e fai visible a importancia da lÃrica galega na Idade Media. En varias destas cantigas, MartÃn de Padrozelos alude a lugares de O Incio, como San Salvador do Mao ou Valongo, tamén do Val do Mao.
As dez cantigas, nove de amigo e unha de amor, foron musicadas polo grupo A Quenlla e gravadas nun CD, que axuda á revalorización deste autor medieval, que ten as súas orixes en Praducelo de Lóuzara (Samos), onde se conserva unha casa co seu nome. A vinculación de O Incio e de Samos coas orixes da literatura galega resultan evidentes para investigadores como Dulce Fernández Graña e Xulio Pardo de Neyra, os dous primeiros en publicar os seus traballos sobre o Trobador e as súas cantigas, que se conservan nos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional de Lisboa.
Cada unha das dez cantigas constitúe un panel da Exposición, que conta con dous máis, o primeiro, coa ficha técnica da mesma, incluÃdos os concellos polos que pasa o seu recorrido itinerante, e o doceavo, no que figura un mapa da zona, cos concellos por onde anda a Exposición e cos lugares de Samos e O Incio por onde andou MartÃn de Padrozelos.
Despois de O Incio, irá a Folgoso do Courel (6 – 17 de agosto) e a PortomarÃn (19– 30 de agosto), para rematar nunha das pallozas do Cebreiro, na primeira quincena de setembro. Anteriormente estivo en Samos, Triacastela, Paradela, Láncara e Sarria.
O Incio, 22 de xullo de 2021
Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)
|