A Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de MartÃn de Padrozelosâ€, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (AEPECSA), no marco do programa “O teu Xacobeoâ€, en colaboración co concello de PortomarÃn, inaugurouse o xoves, 19 de agosto de 2021, no Concello de PortomarÃn, nun acto presidido polo alcalde, Juan Serrano, e o presidente da Asociación organizadora, Xosé MarÃa GarcÃa Palmeiro, e no que participaron tamén a secretaria territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Marta Barreiro Castro; o tenente de alcalde de PortomarÃn, Pablo Rivas, e o comisario da Exposición, LuÃs Celeiro.
Asistiron ao acto de apertura da Exposición as xornalistas Teresa Castelo e Chelo López Vila, naturais de PortomarÃn e Paradela, respectivamente; o crego e musicólogo, Xesús Mato, e un destacado grupo de veciños de PortomarÃn, dos concellos limÃtrofes e da parroquia de San Xoán de Lóuzara (Samos), á que pertence Praducelo, lugar que lle deu nome ao trobador. Todos eles, conxuntamente co presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Sarria, Jorge López, e o ex-alcalde de PortomarÃn, Eloi RodrÃguez, valoraron moi positivamente o contido da Exposición, dos seus paneis e do catalogo.
Esta Exposición, de carácter divulgativo e itinerante, transmite e fai visible a importancia da lÃrica galega na Idade Media, coas dez cantigas de MartÃn de Padrozelos, un dos primeiros trobadores coñecidos da nosa lÃrica. As súas dez cantigas, nove de amigo e unha de amor, están musicadas e gravadas por A Quenlla, nun CD, “Trobador no Camiño, as cantigas de MartÃn de Padrozelosâ€, formando parte dun proxecto de AEPECSA, “Andares pola lÃrica de MartÃn de Padrozelosâ€.
Cada unha das dez cantigas constitúe un panel da Exposición, que conta con dous máis, un dedicado á ficha técnica da mesma e outro que contén un mapa cos concellos polos que pasa o recorrido itinerante da Exposición, onde adquiren principal relevancia os concellos da entrada en Galicia do Camiño Francés.
Está exposición estará aberta ao público, en PortomarÃn, ata o 30 de agosto, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres. Despois rematará o seu recorrido na Palloza de Quico, en O Cebreiro (do 1 ao 11 de setembro). Anteriormente estivo en O Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Paradela, Láncara e Sarria. facebook APECSA:
Documental.- Trobador no Camiño: andares pola lÃrica de MartÃn de Padrozelos https://www.youtube.com/watch?v=nm3bwdWrQ4Q
Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) periodistas.caminodesantiago@gmail.com |