O cura da
miña parroquia morreu hai moitos anos, moitos máis dos que parece, di Florinda
do Cereixo. Morreu, foise e ninguén sabe se volverá. Ninguén sabe nada. Era
corpulento e graúdo home de ben. RÃa e cantaba e, se era o caso, bailaba e
pretendÃa coa máis elegante da ruada. Falaba en latÃn, confesaba aos fregueses
e cantaba os responsos ao son da gaita de fol, cun fol de coiro de cabra vella
ou de cabrita nova. Na parroquia vive a memoria súa e a maiorÃa dos poucos
veciños que quedan lembran a don Basilio, como o cura verdadeiro, como un home eficiente
e cumpridor.
Daquela, os
seminarios eran como casas de saber e para transmitir saberes, para espallar
coñecemento e formar a aqueles mozos aldeáns que querÃan andar polo mundo con
soltura, con liberdade e con sotana, con aquela vestimenta de cor negra que
lles cubrÃa o corpo de arriba a abaixo, pero que nunca era quen de tapar a alma.
No seminario estudaban aqueles mozos valentes e, cando saÃan, abrÃan campos e
exploraban mundos. SabÃan moito máis do que os cregos coidadores pensaban e,
incluso, máis do que eles mesmos sospeitaban.
Eran
fabricantes de teorÃas, de teoloxÃas, de compañÃas industriais e
investigadores, cientÃficos e profesionais. Eran eles capaces de desfacer o
ritmo da sociedade e adaptalo ao que lle convén e lle interesa ao pobo, a ese
pobo ao que pertencÃan. Pero agora non hai curas, nin hai onde formarse para
selo. Acabouse, como todo se acaba. Os curas xa son homes normais e sen máis.
Moitos deles, lectores deste xornal e amigos da TÃa Manuela, que anda polos
despachos da curia como se fose amiga de todos eles.
A prensa
publicaba recentemente un dato aportado pola Memoria Económica e de
Actividades da Igrexa en Galicia: Mil douscentos cregos en activo atenden a
3.644 parroquias. Ao parecer, en 2022 celebráronse máis de oito mil setecentos
bautizos, cerca de cinco mil confirmacións e algo máis de dez mil primeiras
comuñóns. A uns parécenlles poucas e outros pensan que abondan.
Na súa boa
época, os curas paraban a xantar despois do enterro, ceaban antes do enterro e
andaban na corrobra. Agora non, non son capaces de atender unha parte do que
beben atender. Ao parecer, tamén rezan menos, pero fano coa mesma confianza e
as mesmas crenzas. Os cregos e os cidadáns saben (ou deben saber) que cando a
confianza é plena, a comunicación (aÃnda que sexa con Deus) é instantánea, sinxela
e faise sen precisar esforzos especiais. Asà é, cadaquén que rece o que saiba!
Os curas
non dan feito. Moitos deles van suados na bicicleta eléctrica, co esparadrapo,
coas luvas e o casco. Para chegar a tempo, os máis vocacionais, os que queren
atendelo todo, apuntaranse ás redes sociais e, a
través de internet, administrarán
a extrema unción. É cuestión de fe. El Progreso.- Diario de Pontevedra.- La Región.- El Ideal Gallego.- Diario de Ferrol:- Diario de Bergantiños.- Diario de Arousa.-
|