Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

CONVOCATORIA

XII PREMIO INTERNACIONAL 2024 DE DIVULGACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Edición dedicada á HOSPITALIDADE

14/06/2024


A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), á que pertencen profesionais da comunicación, escritores e historiadores, en función do seu obxectivo fundacional, consistente na divulgación e difusión do Camiño de Santiago, a través da actividade profesional dos seus asociados, convoca a XII Edición do Premio Internacional APECSA de Divulgación do Camiño de Santiago, para distinguir ao mellor traballo de difusión e promoción vinculado ao mundo xacobeo, publicado ou realizado no ano anterior ao desta convocatoria (2023) e no primeiro semestre deste ano 2024.

A Xunta Directiva de APECSA dedica esta Edición á HOSPITALIDADE, como un dos valores principais do Camiño de Santiago.

Bases

1. Poderán presentarse a esta edición do Premio Internacional APECSA de Divulgación do Camiño de Santiago, obras e iniciativas de divulgación e promoción xacobea -libros, publicacións, producións audiovisuais, series en calquera soporte, exposicións, congresos, xornadas, encontros, etc.- editadas ou executadas no ano 2023 e no primeiro semestre deste ano 2024, aínda que poidan ter unha continuidade no tempo. En todo caso, non se premiarán traxectorias, senón o traballo realizado por persoas físicas ou xurídicas de calquera parte do mundo, por institucións ou entidades que teñan entre os seus obxectivos a defensa, conservación e divulgación da cultura e patrimonio xacobeo.

2. As iniciativas a concurso deberían estar orientadas, preferentemente, a todo tipo de públicos e presentar unha faceta orixinal e renovadora en materia de difusión do Camiño e do mundo xacobeo, en calquera das súas realidades -relixiosa, cultural, turística, etc.-. Valorarase o alcance, xustificado, da súa difusión e a súa importancia no desenvolvemento local. As obras e iniciativas poderán proceder de calquera país e presentarse en calquera idioma occidental. Serán presentadas polos seus promotores ou autores. Os membros do xurado, antes de comezar as deliberacións, poderán presentar candidaturas.

3. O xurado estará formado por cinco membros, persoas de recoñecida traxectoria. Dous membros corresponderán a APECSA, designados pola súa Xunta Directiva, e os tres restantes, a invitación de APECSA, representarán ás asociacións ou colexios de xornalistas, ao mundo da hostalería e o comercio vinculados ao Camiño, e ás entidades xacobeas (asociacións, institucións, etc.).

4. O xurado poderá declarar o Premio deserto, compartilo entre máis dunha proposta e conceder, se así o estima, ata un máximo de dous accésits. A decisión do xurado será inapelable.

5. Non poderán presentarse ao Premio as iniciativas promovidas pola Asociación convocante, APECSA.

6. O prazo de presentación e recepción de obras e iniciativas a concurso finaliza o día tres de setembro de 2024. O acto de entrega do Premio realizarase no cuarto trimestre deste ano, 2024.

7. As candidaturas presentaranse a través do correo electrónico,  periodistas.caminodesantiago@gmail.com, ou dirixíndose á seguinte dirección postal: Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA). Rúa Castrón Douro, número 20. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña). Farase constar en lugar destacado o título do premio e a edición correspondente, a XII.

8. O Premio consistirá nunha escultura, Harmonía, de Luís Loureira e un diploma acreditativo.

9. As propostas non premiadas poderán ser recollidas polos seus responsables ou quen debidamente lles represente, na mesma dirección de entrega, antes dos tres meses posteriores ao fallo do Premio.

 

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

periodistas.caminodesantiago@gmail.com

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu