A morte, se pensas nela, se recordas ao amigo no cadaleito camiño cara ao máis alá ou se ves ao teu pai deitado caladamente nun féretro de madeira nobre, diante dunha multitude de xente chorando, a morte -dicimos- fai estremecer a alma dos vivos, fai que se apague a luz e leva con ela a escuridade toda, toda a negrura da terra e do aire. Uns cántanlle dende o outro lado da rÃa, no púlpito da igrexa, no cruce dos camiños, na festa de fin de curso ou na corrobra daquel traballo acabado. Outros témenlle e escóitana, aÃnda sen dialogar con ela.
Se morre un vello e despois outro vello e, cando sexa o caso, morre unha bela amiga, todo é diferente, non se entende nada, non pasa nada e a morte chega e vai como se nada, como se fose unha fada vestida de negro e con saloucos de tristura morada ou negra. Tan negra como a morte súbita do cabalo ou a morte do amigo que se vai sen pausa e sen capacidade para o regreso.
Cando el morre, chora a veciñanza, suspira a súa mascota e ladran os cadelos antes de atender ás ovellas. Na casa todos quedos, inmóbiles e sospeitosamente agarrados á tradición, ao costume de seguir tirando. Si, o costume de seguir andando ou de seguir mirando, para todo o que haxa que mirar e ver. AquÃ, nestes tempos de gracia e risa, hai moito que explorar, moito que mirar e moito camiño para seguir.
E, despois da morte, de que falamos? As civilizacións primitivas servÃanse de crenzas animistas que poñÃan alma inmortal e intelixencia a tódolos seres. Os mortos non poden converterse en nada, teñen que permanecer na memoria dos vivos, andar con eles e transmitirlles os seus saberes. A memoria e a esperanza en non perdela é moito do que queda. A morte é algo que non debemos temer, porque como dicÃa Antonio Machado, “mentres somos, a morte non é e cando a morte é, nós non somosâ€. O xesuÃta Baltasar Gracián dicÃa, a principios do século XVII, que “a morte para os mozos é un naufraxio e para os vellos é a chegada ao portoâ€. En Galicia o porto está máis lonxe e a xente para embarcar ten que vivir máis anos, igual que en lugares como Okinawa de Xapón, Cerdeña de Italia, Ikaria de Grecia, Nicoya de Costa Rica ou Loma Linda de California. Agora os expertos estudan esta lonxevidade e atoparon razóns na alimentación saudable, natural e de calidade. Si señor, para vivir ben, Galicia!
Modesto da Carpinteira morreu de vello, tiña noventa e nove anos cumpridos e, segundo contaba, pasou fame de neno e, de mozo, traballou na labranza das terras, nas bouzas montesÃas e nos pozos de carbón feito coas cozas que el mesmo arrexuntaba. De vello, seguÃa traballando e, ao parecer, nunca probara o leite de vaca. El non se acordaba, igual que non lembraba de cando bebera un trago de auga, daquela auga fresca da fonte das Medorras, da que á maior parte do mundo curaba. Os seus veciños, Farruco, Xosé, Antón e Antonio, tamén morreron. Os catro pasaban dos cen anos e nunca a vixilia gardaran. Farturentos e lonxevos todos eles. Que Deus os coide na gloria! |