A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de
Santiago (APECSA) que ten como finalidade principal a defensa e divulgación dos
valores do Xacobeo e, xa que logo, do Camiño de Santiago, ao abeiro da convocatoria deste 2024 “das achegas de
diñeiro sen contraprestación da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo ás
Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo de
lucro que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa
peregrinación, solicitou unha axuda para proxecto, Ánima vía, trinta
anos de renacer do Camiño, a primeira de catro partes dun proxecto
multimedia e seriado que se desenvolverá ata o ano 2027, co título xenérico de Ánima
Vía – Espírito e Memoria do Camiño. Foille concedida a axuda, sendo un
dos proxectos mellor valorados.
APECSA realizou, con este proxecto, unha reportaxe
multimedia, un documental en tres linguas, Galego, Castelán e Inglés e tamén en
tres linguas editou unha revistas a toda cor.
Esta acción realízase no ano no que se cumpre o 35 Cabodano
de Elías valiña, o cura do Cebreiro, un dos impulsores do Camiño de Santiago na
segunda metade do século pasado, un anos antes do Xacobeo 93 promovido pola
Xunta de Galicia e co daquela conselleiro Victor Manuel Vázquez Portomeñe, como
responsable do evento que quería “poñer a Galicia no mapa do mundo”.
Un documental en tres idiomas:
Anima viae,
espírito do Camiño de San
tiago https://youtu.be/KQStVBEqCEc
Anima viae,
espíritu del Camino de Santiago https://www.youtube.com/watch?v=cNuol040--I
Ánima Viae,
spirit and memory of the Way https://youtu.be/RqbEOCCK258
Ánima viae 30 ANOS DO RENACER DO CAMIÑO DE SANTIAGO, unha revista tamén en tres idiomas.
Ánima viae30
ANOS DO RENACER DO CAMIÑO DE SANTIAGO
https://www.calameo.com/read/0059211226521a34a4d5e
Ánima viae 30 AÑOS
DEL RENACER DEL CAMINO DE SANTIAGO
https://www.calameo.com/read/005921122bfabb30703e7
Ánima viae 30
YEARS OF THERENAISSANCE OF THE CAMINO DE SANTIAGO
https://www.calameo.com/read/005921122e7e6e4c4a07c |