Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

APECSA convoca a XII Edición do Premio Internacional APECSA de Divulgación do Camiño de Santiago, Na foto, a escultura, Harmonía, de Luís Loureira. +información

TÍA MANUELA

Fóra de tódalas escusas

_____________________

Traducen ao italiano o libro Elías Valiña, o valedor do Camiño, da autoría de Luís Celeiro. Trátase dun ensaio sobre o cura do Cebreiro editado en 2007.  Na foto, Francis Buono, profesor de Filoloxía Italiana na USC, e Daniela Zizi, profesora da Universidade de Cagliari, responsable da tradución. +información
_________________

Camiño de Europa, un proxecto que busca transformar a experiencia cultural dos peregrinos e reactivar a economía local dos concellos que integran o Camiño Francés. +información

Anima viae, espírito do Camiño de Santiago, é un  proxecto da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) +información


CRÍTICA

A obra Loureira leva tempo ascendendo desde a materia inerte á forma definitiva e sosegada, á estrutura serena e decidida cunha expresión austera que redime o metal para crear formas sólidas, bronce de soidades que vai sedimentando, sementando e cimentando unha sensibilidade reflexiva como a que propicia a terra montesía da que o autor procede. Desde a revelación atenta, autodidacta, Loureira non agrede a forma con esa teimosía tan ó uso de certa plástica ventureira. O seu é un esforzo en conceptos xeométricos nun microcosmos estable e persoal. Así, todo pode trasmutarse nun escenario entregado ó ornamental, mais a dinámica da experimentación vive en Loureira con homildosa pero escintilante presenza.

Rosa Catarina

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu