Andan os tempos revoltos e hai quen pensa que é por culpa da polÃtica, debido ao desentendemento entre uns e outros, por mor da pouca atención que se lles presta aos obxectivos, aos principios, aos intereses colectivos e aos intereses dos outros. Andan os tempos revoltos, avoltos como o viño quente. E, cadaquén co seu voto, a única ferramenta que ten, fai da súa capa un saio para a sorpresa dalgúns, para deixar como pasmóns ou bocaabertas a moitos. Ante todo a aqueles que teñen a acción polÃtica como profesión.
As diferenzas enriquecen, fortalecen os desiguais puntos de vista, igual que as discrepancias enriquecen, fortalecen e sácanlle zume ao diálogo e á negociación. En polÃtica é fundamental a discrepancia, imprescindible para acadar acordos. Poida que por tal razón, aquelas persoas que queiran vivir da polÃtica sexan as máis interesadas en fabricar inimigos, discrepantes nas formas, opoñentes, adversarios e rivais capaces de, cando faga falta, dialogar, falar e acordar. Malo sexa!
Disentir é bo, é necesario para debater, para contrastar puntos de vista, programas, opinións e, incluso, razóns. Como dixo José Saramago, é un dos dereitos que lle faltan á Declaración de Dereitos Humanos, a que determina que “a vontade do pobo é a base da autoridade do poder públicoâ€. Esta vontade -engade- expresarase “mediante eleccións auténticasâ€. Que lles parece, amigos lectores? E, que lles parecerá aos representantes dos distintos partidos polÃticos?
O respecto parece que é a clave. Respecto e liberdade para opinar, falar e discrepar. A palabra é a ferramenta para o diálogo e o diálogo é o camiño principal para avanzar na negociación, para impoñer a cultura da igualdade entre os homes e as mulleres, na seara onde medran as discrepancias, na estivada onde renace o maltrato, onde se achica o valor do voto e o pobo perde temporalmente o interese.
Os dirixentes, para dar pasos firmes, é conveniente que anden cos pés na terra e asimilen que o credo que fan público diante dos electores sexa enteiramente o que profesan. Os polÃticos, segundo o parecer da TÃa Manuela, deberÃan resolver as discrepancias e as diverxencias internas e, despois, escoitar moito máis, observar e, aÃnda que sexa en silencio, actuar e dar creto á verdade.
Artigo publicado en:
169). Tempos de andar (24/10/18) 168). Silencio (17/10/18) 167). Ciencia e progreso (10/10/18)166). Palabras e música (03/10/18) 165). O quinto sabor (26/09/18) 164). Contradición permanente (19/09/18) 163). Vén o outono (12/09/18) 162). A profesión do amor (04/09/18) 161). Heroicidade (29/08/18) 160). Grazas, Manolito (22 |