A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) elabora cada tres anos o coñecido, recoñecido e temido informe PISA, siglas en inglés do Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos. Daqueles que chegan ao final da súa etapa de ensino obrigatorio, daqueles mozos e mozas que andan, cos correspondentes cambios fisiolóxicos e psicolóxicos, na procura de pasar á adolescencia e entrar de cheo nesa vida, na que xa non se cre nos contos de fadas. Se acaso, no amor. Este programa ou informe PISA proporciona á sociedade abundante e detallada información sobre os niveis educativos dos distintos sistemas, prestando atención principalmente a tres aspectos ou áreas: a comprensión lectora, matemáticas e competencia cientÃfica.
Moi importantes as tres e as tres de plena actualidade. Galicia, no último destes informes, no do ano 2015, non aparecÃa nada mal, con respecto a outros territorios do Estado. En competencia en ciencias, a nosa mocidade sitúase no terceiro posto, por detrás de Castela e León e Madrid, a varios puntos por arriba da media. Tamén acada bos postos en competencia lectora, inmediatamente despois de Navarra, e un pouco peor en Matemáticas.
Estas competencias medidas son moi importantes. E a vara para medilas é, a bo seguro, ecuánime. Non como a forma de contar daquel xornalista polÃtico, que poñÃa o ollo na manifestación e calculaba o número de participantes, segundo os seus criterios variables. El sempre tiña razón. A verdade era a súa. Os outros “están equivocados, dan o número que convén aos interesadosâ€. Este contador era e é un fenómeno, quere impoñer a súa verdade, “con razón ou sen elaâ€. à TÃa Manuela recórdalle as lerias de Antón da Benita, aquel labrego que tiña leiras cativas, “as máis pequenas do lugar, pero con maior extensión produtivaâ€.
Antón da Benita, paisano rufo, fachendoso e orgulloso do seu. Aquel que, sen saber ler, farÃa subir puntos no informe PISA, no apartado de comprensión lectora e nos outros, especialmente, no de Matemáticas. Se ten que contar multitudes faino, persoa a persoa, unha a unha, cos dedos ou a vulto, como contaba o periodista, sempre cunha enorme diferencia dos outros colegas errados, cinco ou seis veces por arriba ou por abaixo. Cantos eran?
|