Se calquera de vostedes, amigos lectores, vai ao dicionario da lingua atópase con que cooperar é un verbo intransitivo que quere dicir: “xuntar a propia acción, influxo ou medios cos doutro ou outros para acadar en común un determinado finâ€. Precisamente aÃ, no fin, está a cuestión, a oportunidade de cooperar ou simplemente pasar de largo. Seguir por rutas enfrontadas e falar, falar e falar, sabendo –como saben case todos- “que o falar non ten cancelasâ€, aÃnda que moitos falen, por non estar calados. A palabra gústalles a algúns polÃticos, pero o feito, non tanto. A uns gústalles e a outros non.
Non, non e non non sempre son non. Incluso, algunhas veces, a pesar da reiteración, non negan nada, son como fórmulas pedantes de solicitar o si. Si quero, si prometo, si xuro, si señor! Si, sen máis. Cooperación e colaboración son o mesmo, tanto cando pensamos na polÃtica como se falamos de negocios. Sempre e en tódalas circunstancias. E, que quere dicir coalición, esa que uns queren e outros non. Depende, amigos. Tampouco é o mesmo para todos. En polÃtica a coalición é como a unión, a asociación de partidos ou grupos cun fin común, aÃnda que sexa co fin de gobernar ou de cooperar.
Colabora o gato co cadelo? Pois si. No que lles interesa a ambos colaboran con disposición e con eficacia. Cando non, rosman os dous, andan de refrega e liorta continuada, emperiquitados e cos pelos de punta embravecidos, sen importarlles a imaxe noxenta que transmiten aos outros cadelos e gatos. A coalición é unha alianza que, en termos polÃticos, emerxe como froito do diálogo e do entendemento entre aqueles con afán de cooperar nus obxectivos e no benestar da cidadanÃa, á que representan. Aquà as barbas, os pelos e os morros enfurecidos quedan exentos de valor.
O valor das accións polÃticas está na ética, na responsabilidade de cada quen, no traballo permanente, na mirada serena, libre e firme dos actores, na súa capacidade para dialogar, negociar e renunciar. Respecto a este tema, a TÃa Manuela, despois de situarse como defensora da liberdade de pensamento e expresión, é contundente e di que o “verdadeiro valor da polÃtica está na retirada dos que levan moito tempo vivindo delaâ€.
|