|
 A Peneira dos Soños Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia
|
|
|
|
|
O grupo musical A Quenlla, Premio Internacional APECSA 2020, en recoñecemento pola musicalización das cantigas de Martín de Padrozelos e a edición do CD Trobador no Camiño. +información
|
|
|
|
Nun océano de navegantes piratas Ler artigo _____________________
Traducen ao italiano o libro Elías Valiña, o
valedor do Camiño, da autoría de Luís Celeiro. Trátase dun ensaio sobre o
cura do Cebreiro editado en 2007. Na foto, Francis Buono, profesor de
Filoloxía Italiana na USC, e Daniela Zizi, profesora da Universidade de
Cagliari, responsable da tradución. +información ____________________Feira de Artesanía e Produtos Naturais na Ponte de
Lóuzara (Samos), co pregón de Luís Celeiro e unha homenaxe as mestras
das escolas unitarias. +información Obituario de Jesús Timoteo Álvarez, catedrático de
periodismo da Universidade Complutense, por Alberto Barciela, periodista.
+información
|
|
|
|
|
|
|
Luís Loureira figura
outro ano máis no ranquin dos galegos máis influentes, elaborado polo xornal El Correo Gallego. Neste 2019, está no número 193, o ano pasado estaba no número 223 e no ano 2017 estaba no número 229
|
|
|
|
|
|
CRÍTICA |
A obra Loureira leva tempo ascendendo desde a materia inerte á forma definitiva e sosegada, á estrutura serena e decidida cunha expresión austera que redime o metal para crear formas sólidas, bronce de soidades que vai sedimentando, sementando e cimentando unha sensibilidade reflexiva como a que propicia a terra montesía da que o autor procede. Desde a revelación atenta, autodidacta, Loureira non agrede a forma con esa teimosía tan ó uso de certa plástica ventureira. O seu é un esforzo en conceptos xeométricos nun microcosmos estable e persoal. Así, todo pode trasmutarse nun escenario entregado ó ornamental, mais a dinámica da experimentación vive en Loureira con homildosa pero escintilante presenza.
Rosa Catarina | |
|
|
|
|
|