Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

O lobo

Luís Celeiro

10/12/2018


Veu o lobo ás ovellas! Comeu varias e matou moitas máis. Eran dous, un lobo e unha loba parda, mala como a máis mala das lobas salvaxes, nai de lobiños salvaxes e tamén pardos, con dentes aguzados e rabo longo ergueito, con brío no seu andar e con fame de moitos días. Parecían a loba e o lobo protagonistas dun conto de medo, dun daqueles contos da lareira cheos de fantasía, de ironía e con moita sabedoría popular. Daqueles contos que contaban as peripecias das ovellas brancas, brancas e negras por dentro e por fóra, amedrentadas  polo lobo feroz, aínda que non era tan fero como o pintaban.
 
Uxío Novoneyra, nun dos seus magníficos versos, detíñase diante do lobo, admiraba os seus cousos, preto dos caborcos do xabarín, e víao traspoñer ao lonxe, “O lobo! Os ollos o lombo do lobo!”. O lombo do lobo ollábase  entre as flairas dos teixos, mentres as ovellas corrían cara a casa sen parada e apuradas polo can ovelleiro, un can raxado e pequeno, moi capaz e moi solitario, sen confianza co gando e menos co pegureiro.

Andan os lobos e lobas pola Galicia rural, achéganse ás casas, ás granxas, ás palleiras e non atopan carne para comer. Van e volven na procura de sustento, pero non son quen de recuperar o terreo perdido. Non hai xente na Galicia do interior, non hai gando nin outros animais, non hai caza nin cazadores, non hai paxaros nin cereixas para que puideran comer. A paisaxe rural é distinta da que moitos dos lectores coñeceron. Mellor ou peor? Diferente, con pouca vida e cun sistema en desequilibrio permanente.
 
Os estudosos estiman que hai poucos lobos en Galicia, parécelles que o número é tan reducido como preocupante, e queren que as autoridades e as asociacións ecoloxistas protexan a bravura dos poucos que quedan. Os investigadores analizan e describen a situación coas súas contradicións. Dalgúns estudos recentes despréndese que hai lobos por Galicia que non pertencen a ningún grupo, son solitarios loitadores pola súa supervivencia, inadaptados á zona, á xeografía e á climatoloxía.
 
Os labregos e gandeiros non queren lobos no seu arredor. Os paseantes e sendeiristas, tampouco. A Tía Manuela, neste caso, razoa á súa maneira: “antes os labregos de Galicia gardaban as ovellas e tornaban o lobo, agora coidan as ovellas para manter aos lobos”. 

Artigo publicado en:


El Progreso 
(11/12/18)
El Correo Gallego (12/12/18)
La Región
(12/12/18)

Artigos publicados anteriormente: 

176). O lobo (12/12/18)
175). Discrepancia (05/12/18)
74). Don Xesús e Don Bieito 
(28/11/18)
173). As termitas loitadoras  (14/11/18)
172). A chave da luz  (14/11/18)
171). Humanidade e solidariedade  (07/11/18)
170). O inverno  (31/10/18)
169). Tempos de andar (24/10/18)
168). Silencio (17/10/18)
167). Ciencia e progreso (10/10/18)166). Palabras e música (03/10/18)
165). O quinto sabor (26/09/18)
164). Contradición permanente (19/09/18)  
163). Vén o outono
(12/09/18
)
162). A profesión do amor (04/09/18)
161). Heroicidade (29/08/18

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu