Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Principios esenciais

Luís Celeiro

04/03/2019


Os partidos políticos están en período de engraxe, aceitando os aparellos e a maquinaria, os útiles e, mesmamente, as axendas. Están perfilando as promesas, dándolle unha volta ás relacións, ás aspiracións dos seus e ás inquedanzas da militancia. Os lideres andan coa cabeza louca aprendendo vocabulario novo e moderno para achegarse aos máis novos, aos universitarios, aos comerciantes, aos que teñen o seu voto sen definir, aos que aínda non se decantaron e que poden ingresar no exército necesario dos seguidores. A política é así, parte dun algo ao que non sempre se lle percibe sentido.
 
Os políticos, na procura de seguidores e os seguidores na procura de programas, xustificando o seu voto a golpe de interpretación ou de intuición, de comprensión intencionada, de acción necesaria, tan necesaria como improdutiva. Ser político nos tempos que corren pode ser un demérito, pode ser unha profesión ben pagada, pero lamentablemente está desprestixiada. Carece de solvencia e resiste desligada da sociedade. Amigos lectores, sería conveniente recuperar o significado da política como ciencia que axuda á organización das sociedades humanas, nas que, obrigatoriamente, o pensamento e a expresión teñen que ser libres.

Os homes teñen que ser tamén libres. Logo, cómpre información e formación, cómpre traballo, dignidade e salario. E, que ninguén se esqueza!, como dicía Gabriel García Márquez, “aínda non é demasiado tarde para construír unha utopía que nos permita compartir a terra”. Cómpre, ás veces, saír do rego, perdela senda e seguir avanzando, contando, falando e mirando, razoando e repartindo entre todos terra, mar e aire.

-Vostede a quen vai votar, señora? –ao `mestre armeiro´, cabaleiro. -E vostede, señorita? –Eu tamén, cabaleiro, igual que sempre, como na ocasión anterior, que xa non lembro a quen votei. O voto ten que ser libre, absolutamente libre e o de cada quen totalmente respectado, sen deixar nunca de ser panca de cambio que remova as bases nas que se asenta a sociedade acomodada, dando paso a un sistema político xusto, no que, como sempre quixo e quere a Tía Manuela, a igualdade e a solidariedade sexan principios básicos, esencias e fundamentais.

Artigo publicado en:

El Progreso 
(05/03/19)
El Correo Gallego (06/03/19)
La Región
(06/03/19)

Artigos publicados anteriormente: 

188). Principios esenciais (06/03/19)
187). Saída inmediata
(27/02/19)
185). Cantos eran? (13/02/19)
184). Respecto (06/02/19)
183). Efectos mortais (30/01/19)
182). Durmir e esperar (23/01/19)
181). Para negociar e transixir (016/01/19)  
 

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu