Moitos pensarÃan que era imposible atopar nas máis altas esferas do poder xente con idiocia, pero ante a evidencia calan, sofren, aguantan o tirón e calan. Disimulan como poden, encobren a situación con vergoña e agardan tempos mellores, sen saber se chegarán. E, todo chega. Veñen agarradas da man, suxeitas pola ignorancia, a arrogancia, a envexa e a falsidade. Veñen e van, sen razón, sen motivo, sen permiso e sen espera, aÃnda sabendo do enorme mal que fan. A idiotez defÃnea o dicionario como “deficiencia mental profunda†e atribúelles ás persoas que se dedican á polÃtica como a aquelas que teñen calquera outra ocupación, unha intelixencia e unhas facultades afectivas sensoriais e motoras diminuÃdas.
DiminuÃdas, si señor!, arremedando a Ãnxel Fole, aquel magnÃfico mestre da palabra e da escrita, de cando moitos dos lectores, e eu mesmo, eramos mozos. Daquela época da Luz do candil no Incio da Cruz, na Lóuzara de Samos e en Lugo da Muralla, nos lugares de Ourense, de arriba e abaixo, no Ribeiro e a Ribeira Sacra. Coa Luz do candil nas escolas todas, nas do interior e na Pontevedra costeira, nas da Coruña do Parrote, xacobea e mariñeira.
Facultades diminuÃdas ou anuladas, as daqueles que interpretan o mundo como o seu patrimonio e o goberno como un cÃrculo de confianza, sen decatarse de que, a pouco que se despisten, poden convertelo en circo, mil veces lonxe do canadense “Circo del Solâ€, integrado por magnÃficos pallasos, trapecistas e expertos en acrobacia, como se non soubesen que en polÃtica, e de modo especial en polÃtica sanitaria, estas artes son aÃnda máis perigosas.
Estes, nos que estamos, son tempos de reflexión, para repensar, para escoitar, escoitar e calar, para dar quenda á ciencia e ao sentido común. Cando veñen mal dadas, é cando se precisa máis xeito, máis comprensión e entendemento, máis harmonÃa nas diversas accións, máis afán polo ben colectivo, máis desprezo á idiotez e aos idiotas, máis esforzo e moita máis intelixencia, para agrandar a intelección.
Se vostedes tiveran tempo, podiamos anotar nunha libreta o nome de tódolos idiotas que se coñecen. A listaxe serÃa útil para o conveniente ou imprescindible illamento social. A TÃa Manuela teno ben claro, “entre os primeiros da listaxe, cando menos un delesâ€.
|