Se todo cambia, aÃnda que non estea
ben visto, tamén se pode cambiar de opinión, ou non? Incluso, hai polÃticos que
defenden con fervor e moito entusiasmo o cambio de chaqueta, como facÃa Modesto
de Requeixo, mesmo despois das primeiras eleccións autonómicas que lle deron a
presidencia da Xunta a Xerardo Fernández Albor. “Cando se luxe, se podo, cambioa
outra vezâ€, dicÃa aquel comerciante vilego, que andaba na procura da limpeza
absoluta, ao seu xeito. Primeiro era amigo dos recadadores do sistema, despois,
sendo apolÃtico, cambiou de partido tres ou catro veces, pero a súa chaqueta
permanecÃa sucia.
Outros cambian de opinión inmediatamente
despois de expoñer o seu criterio ou a súa idea sobre unha determinada forma de
proceder. Lamben e relamben a postura contraria, aquela que imposibilitaba o
desenvolvemento social, a igualdade de xénero e o benestar dos compatriotas.
Cambian de discurso, de programa, de forma de vivir, de escoitar e de mirar. Rapidamente
cambian a esencia, os principios e as formas. Cambian de opinión e que pasa!
Nada, non pasa nada. aÃnda que
cambiar de opinión non está ben visto, non pasa nada! En todo caso, dependerá
de quen cambie. Xa o dicÃa o escritor valenciano Joan Fuster, cando reivindicaba
o dereito a cambiar de idea, “o primeiro que che negarán os inimigosâ€. E, que dirán os correlixionarios? Seguramente
podan máis as emocións que as razóns e ninguén vai dubidar, cuestionar ou
interpretar incorrectamente o que anuncia o mestre ou o lÃder do grupo, “con
plena capacidade para pensarâ€, coa mesma que moitos dos outros exentos de
facelo.
A polÃtica é un motor de cambio e aÃ
está, cando non somos quen de mover a realidade ou cando non interesa cambiala,
vaise ao máis fácil, ao seguro e irrelevante, cámbiase o enunciado, o propósito,
o principio e o revestimento. E, que? Estamos co cambio e o recambio, sempre
facendo paÃs. Bo serÃa, amigos lectores, que os cambios de opinión estiveran
baseados na información, nos argumentos, na realidade e no coñecemento, á marxe
sempre dos intereses particulares, de grupo, de amiguetes ou da familia.
Atención! DÃxoo moi ben a TÃa
Manuela, “hai estúpidos que promoven o cambio, para que sega todo igual, menos
o delesâ€. |