Se falamos de programación, todo remite á informática; se temos ilusión parece que andamos no eido da esperanza; se pensamos no esforzo, dá medo, dá medo do que hai que facer para concluÃr ou achegarse ao remate do labor ben feito, e se buscamos a oportunidade, non a atopamos. É unha verdadeira pesadume pensar na oportunidade que non chega. E se chega, preséntase sen máis, sen explicacións e sen avisos. É como unha ocasión, como unha posibilidade de agarrar o ceo coas mans. Eu mesmo son feliz pensando na oportunidade de que vostede é lector desta TÃa Manuela. Moitas grazas.
Pero citamos tres palabras. Perdón!, foron catro: programación, ilusión, esforzo e oportunidade. O coñecemento das catro é conveniente para orientar o camiñar do presente, se queremos avanzar cara adiante. Ese presente que xa se foi cando vostede comezou a lectura deste artigo e que cambiou substancialmente no perÃodo de duración da mesma.
Nos tempos novos, se falamos de programación, parece que todo está unicamente no entorno informático, nos bordes da enxeñarÃa telemática, nos sistemas de computacións, nos fÃos da intelixencia artificial. Pero non, non é asÃ, a pesar de que os ordenadores sexan capaces de escoitarnos e interpretar o cavilar de cadaquén, non poderán chorar coma nós, nin aloumiñar como nos gusta aloumiñar a nós. Programar, deseñar, suscitar metas, establecer rutinas, compromisos e manter a palabra está moi ben, é parte da filosofÃa da sociedade vindeira, como o foi da sociedade que se murcha e que se marcha caladamente.
Se non hai ilusión, non hai obxectivos e, por tanto, non hai esforzo. De habelo, serÃa inútil, “serÃa traballar para o inglésâ€, como reza nese dito procedente de Cuba e tan afincado na memoria da xente que o coñece por experiencia programada. Volvendo ao caso, todo é importante e todo debe ser coñecido, pero o máis importante, para a tranquilidade persoal e para a de todos, é o uso do sentido común.
Ãs catro palabra enumeradas, cómpre engadir outras dúas, compromiso e igualdade. A TÃa Manuela entende que non hai futuro se a sociedade non promove e acada o compromiso de evitar as desigualdades entre os seus, se non chegamos pronto a establecer un sistema que evite a discreción dos que mandan e que os obrigue ao recoñecemento do acordo.
|