Onde acaba o mar, que hai? Terra, mar e aire; xente de ben, coa pel curtida de cor negra ou branca. Xente coma nós coa mirada triste e coa alegrÃa de vivir saÃndo dos seus ollos e dos corazóns. Despois do mar e no mar hai vida e morte, contaminación, polución, lixo a barullo, a esgalla; plástico a moreas e peixes de cores, ben saborosos moitos deles. Hai homes e mulleres que traballan, rin e sofren, choran e andan na procura dunha vida mellor e diferente para os seus fillos. Son homes e mulleres que falan distinto, pero que cantan como cando nós cantamos, e bailan e danzan, estudan e non paran, traballan, compran, venden e intercambian, como se tal fora. Sempre hai un lugar despois do mar ou un chalé de alguén que burlou a lei de costas.
En Galicia podemos falar con moita propiedade do mar e dos mares. Milleiros de persoas viven en zonas litorais. Temos pescadores de tódolos tipos, barcos grandes e pequenos, lonxas, miradoiros panorámicos, praias saudables e montes que as bican, paseos e rutas de sendeirismo, variedades arbóreas autóctonas, pobos pequenos, vilas pequenas e grandes, cidades. Temos a inmensidade do mar para andar e navegar, para cruzar e, a poder ser, volver.
Debemos prestar atención e temos que protexer e conservar o patrimonio cultural e natural do litoral, con tódolos seus elementos, coas súas diversas e fermosas paisaxes. É cousa de todos, tamén dos que andan facendo polÃtica e dos que, sen reparos, miran para outro lado ou unicamente para a súa barriga. Temos en Galicia algo máis de dous mil cincocentos quilómetros de costa, incluÃndo as illas, as marismas e o perÃmetro costeiro de Lugo, de Coruña e de Pontevedra.
E, temos na memoria, cravados nos recordos, os talleres de carpinterÃa de ribeira e os estaleiros que se foron e seguen marchando, deixando unha profunda pegada, como a de Alcoa, unha mancha que luxa á sociedade enteira. Embarrancan barcos con cargas contaminantes nas ourelas, constrúense portos privados para sacar peito e quitar proveito dos recursos naturais, para que todo esmoreza canto antes. Que mágoa! Onde se esconden os que pagan e por que calan os que mandan? Son os de sempre e saben perfectamente o son da tocata. Fan como sempre fixeron e, para teren impunidade e seguridade, alÃanse coa desmemoria. Vaia tropa! Son os mesmos, igualiños aos seus pasados, aos donos da conciencia e repartidores de incenso nas cerimonias, nas festas e nas verbenas.
|