Algúns din que non hai nada como a auga bendita para poñer en fuga aos demos que andan sempre tentando á xente, a eses seres imaxinarios que, segundo a tradición popular, son o mal ou están cheos del; cacháns ou cornáns que van corneando sen parar, por onde queira que pasen. Os demos son quen de procurar que crean neles aquelas persoas que nunca creron en Deus. Será posible!
Pintan a cara de cor negra, poñen vestimenta negra para tapar os pés e a cabeza e van cara as portas da casa ou do ceo, para controlar as entradas, porque, como dicÃa Umberto Eco, o diaño é a arrogancia do espÃrito. Na relixión, os cregos atácanlle co hisopo e coa auga bendita, “sÃmbolo de vida, de pureza, limpeza e bondadeâ€. A auga pode ser normal, de fonte limpa, potable e ben sa, pero o acetre para levala e o hisopo para esparexela, quedan mellor se son de metal nobre e con repuxados alegóricos e vistosos.
Algúns curas cambian de instrumental segundo sexa a cerimonia. Para o bautismo, un hisopo e unha sella; para o enterro outros distintos, a escoller entre varias categorÃas, en función das condicións económicas ou sociais da familia do defunto. Os enterros, no rural desta Galicia nosa, xa son poucos e xa non hai vivos para morrer nin para enterrar aos mortos.
Os enterradores chegan de fóra, traen todo preparado, o traxe e a garabata en perfecto estado de revista, o coche grande e negro vai co cadaleito devagar, engordiño, ao paso dos poucos e anciáns familiares do defunto. Un crego vén correndo co seu turismo para chegar á hora que tiña marcada, baixa do coche cantando a “Salveâ€, colócase na cabeza do cortexo fúnebre e, antes de que pechen a tumba, canta uns responsos, bendice ao cadaleito e, ao segundo movemento da súa man, descólgase a bola do hisopo e baixa ruidosa cara o fondo da sepultura.
Os asistentes entristecidos aloumiñaron ao crego, axudáronlle a cantar outro responso, pero non houbo entendemento. Antes de anoitecer os enterradores traballaron, rescataron a peza e recompuxeron o hisopo, ferramenta imprescindible para o próximo funeral. Mentres tanto, aquel home morto seguÃa co seu soño, como dicÃa a TÃa Manuela, “despreocupado dos apuros, do mango, da auga e da bolaâ€.
|