Levan o sabor da fame pegado no padal, no mesmo ceo da boca, onde os recordos florecen en cada instante e asentan no maxÃn dos individuos a idea daquilo que querÃa esquecer, a idea daqueles tempos pasados, da escaseza e da insuficiencia de todo. Na actualidade, de abundancia e fartura, lémbranse e aprécianse aqueles sabores e aqueles olores percibidos na nenez, na infancia. Daquela, hai ben pouco tempo. Os lectores saben moi ben que a infancia e a vellez están separadas por un instante, un momento no que cambian os gustos, as cores, os olores e os sabores.
Aqueles chourizos da casa, os poucos que habÃa e que tan ben sabÃan, igual que a empanada do forno, as patacas con nada e o caldo de verzas, as filloas no seu tempo, o cocido todo o ano, o año asado, as leitugas da horta, o pan de centeo e as cereixas de Tralaira. O que se comÃa e do que agora non queda. Que marabilla! Os roxóns de graxa, sen máis, ou de febra torrada; os ovos das galiñas poñedoras, de dúas xemas moitos deles e clara abundante; a carne de porca cebada, de touciño entrefebrado; a pescada ou o bacallau dando sabor de mar ás patacas cocidas, aqueles miles de sabores, onde irán?
Tamén se foron os olores, aqueles que indicaban claramente onde estabamos non se recoñecen actualmente, non existen e é difÃcil recordalos. Os olores da primavera, do verán ou do outono eran verdadeiramente inconfundibles, eran alentadores e xeraban confianza no andar pola vida. Os de inverno levaban á xente para a casa, eran cheiros de lareira, de conto nocturno, de regueifa e de poesÃa improvisada e cantada.
Aquel olor da herba seca ou da palla empalleirada, o cheiro da natureza toda ou da clase ateigada de nenos e nenas que querÃan aprender para saber e ser, do parque da cidade, do ciprés do cemiterio, daquel salón onde bailaba a mocidade, do quiosco onde se vendÃan periódicos, cómics e pipas, ao lado mesmo daquel cine e do portal onde facÃan bocadillos de chourizo, de calamares e mexillóns. Onde irán aqueles olores e aqueles sabores, meus amigos?
Isto é como un conto verdadeiro, pero como di a TÃa Manuela, estamos en tempos de cambio e, para seguir avanzando, cómpre renovación permanente e imparable, con gusto, con bo olfacto e con moita vista.
|