Din os que máis saben que protocolo é un conxunto de regras de carácter cerimonial establecidas polos que mandan e organizan feitos, eventos, acontecementos de calquera tipo e, incluso, sucesos diferentes, comprometidos ou non. É como unha estratexia de comunicación que pode establecerse por decreto ou que vén do costume e que orienta con claridade cales son as secuencias coas que debes falar e calar. As organizacións, por pequenas que sexan, establecen plans de protocolo e contratan a expertos nesta ciencia para que todo saia ben e para, por se acaso, saber de quen é a culpa.
Obviamente, na maiorÃa dos casos, o responsable da desfeita é o protocolo. Ou non estaba correctamente establecido, ou tiña que ser depurado coa colaboración doutros expertos, ou debÃa ser máis laxo, máis adaptado ao carácter do evento, menos rÃxido e máis funcional. A culpa de moito malo, maioritariamente, é do protocolo ou de quen fai as funcións protocolarias, de calquera dos lectores, de calquera dos organizadores, de aqueles que traballan na posta en marcha dunha acción, dunha función ou dunha cea sen protocolo, sen relacións públicas, sen exceso de luminaria, sen alaridos e sen miradas por encima dos ombreiros.
Por certo, mirar por encima do ombro está mal visto, sae do tódolos protocolos e esquécese da normalidade como se fose un sÃmbolo de mala educación. DicÃao moi ben a TÃa Manuela, “se hai educación e formación, para a normalidade non fai falta outra cousaâ€. O amigo e magnÃfico columnista, José Castro publicaba un destes dÃas un artigo que ben merece atención, “O protocolo da avoaâ€, que remataba seguÃndolles a pista aos polÃticos, aos que a el lle gustan e aos que non lle gustan tanto.
A señora volvÃase tola seguindo as regras para colocar na mesa aos fillos e noras, ás netas e aos netos polÃticos, aos sobriños de cerca e aos que viñan de lonxe coas súas parellas de homes ou de mulleres. Na súa mente non habÃa sitio naquela mesa, nin prato nin cadeira para os gatos, os conexos e os cadelos. Agora, antes da próxima festa, deberá estudar as normas e buscar espazo para todos, procurando, con harmonÃa e concordia, unha familia grande, plural e unida.
|