Son o presente, o futuro e o porvir, son os nenos, os cativos, meniños, pequenos brillantes na casa e fóra dela, confinados positivos, obedientes, cumpridores e soñadores rapaces. Picariños nosos, que pensades? Alguén dixo nalgunha ocasión que a posibilidade de cumprir un soño é un motivo suficiente para que a vida sexa máis interesante. Máis, aÃnda. Xa que logo non deixedes de soñar nunca e imaxinade que algún dÃa tódolos nenos do mundo poderán ser felices e teren as mesmas oportunidades.
En vós, meniños, nenos e nenas de Galicia e de fóra dela, poñemos a nosa esperanza os que xa fomos nenos algún dÃa, noutros tempos, mellores ou peores, diferentes. Como diferente será mañá. Ou non? En todo caso non debemos esquecer que se manteñen, por agora e sine dÃe, intactas e incólumes as desigualdades. Enormes desigualdades que matan a moitos nenos, a moitas persoas novas, de mediana idade, maiores e máis maiores.
Un informe da ONU, presentado en setembro de 2019, indicaba que, naquel momento, a mortalidade maternoinfantil era menor ca nunca, reducÃndose de modo importante nos últimos dezaoito anos. AÃnda asÃ, ao parecer en 2018, morreron seis millóns douscentos mil nenos menores de quince anos (máis de cinco millóns, nos primeiros cinco anos de vida) e cerca de trescentas mil mulleres morreron, en 2017, por mor de complicacións durante o embarazo e o parto.
As maiorÃa das mortes destes nenos débense a enfermidades infecciosas como a pneumonÃa, a diarrea e o paludismo. Para erradicar estas enfermidades, cómpre implementar remedios sociais, como a igualdade entre homes e pobos, a solidariedade, o respecto aos outros, sexan de onde sexan; a formación e o acceso aos alimentos e a auga potable, intentando avanzar na detención e erradicación desa enorme pandemia da desnutrición infantil, que igualmente mata.
Din que no mundo hai poderosos que o poden todo. Pois, ben deberÃan poñer os medios para matar á fame, para facer xustiza, para construÃr escolas, para fortalecer os sistemas sanitarios dos ricos e dos pobres, para deixar que os nenos medren, coman, beban e gocen deste mundo e do que soñan. Como di a TÃa Manuela, “para que quererán tanto poder e, se é o caso, tanta riquezaâ€. Vós, que pensades?
|