No medio desta pandemia, no punto quente, en Outeiro de Rei, está
Arcadio Silvosa, amigo e compañeiro, loitando, igual que sempre loitou, por
causas xustas, pola liberdade, pola riqueza da alegrÃa e do humor, polo cambio
dos tempos. Está coa porta do seu cuarto
fechada, atrancándolle o paso ao virus que vén non se sabe de onde e que, co
seu camiñar, vai destruÃndo o ser da sociedade, desta sociedade nosa
desorientada, desconcertada e abatida diante da presencia dese bicho tan
pequeno e tan enorme. AÃnda que insista no petar e chame tódolos dÃas, ti non
lle abras a porta, aguanta como tantas veces aguantaches. Segue, amigo,
agarrado a esa idea que te abraza, a esa fermosa idea de vivir con ganas de
facer e de ser.
AÃnda que hai tempo que non falamos, sabemos e entendemos que cómpre ir
comer o pulpo á feira (perdoa que lle chame pulpo, como se lle chama na miña
tribo ou en Carballiño e en moitos outros sitios). à feira, si!. A calquera
feira das que quedan, festexar, comer, comprar e falar. Mentres tanto, como
dicÃa Benedetti, “imaxina o precioso que pode ser arriscarse e que todo saia
benâ€. Todo, seguramente, xa que a mal tempo boa feira.
Aquel ictus maldito non pode gañar a partida e o coronavirus non o
deixes entrar, resiste e, se é necesario, pide reforzo. Ti, colega e amigo,
sabes que a vida dá moitas voltas. Tamén o saben os lectores deste xornal.
Voltas e voltas á mesma rotonda, para seguir avanzando cara o punto de partida.
Voltas e revoltas entrelazadas construÃndo camiño cara a saÃda.
Aà está o pasado axudando a ver o futuro, ese que se achega paseniño e
no que se perciben motivos para erradicar a inxustiza sen máis reviravoltas,
para acariñar cada unha das raiolas de sol que peneiran as nubes, para darlle á
proximidade o valor que merece, para agarrar a normalidade coas mans e
retorcela entre os dedos como se fose a argamasa que mantén a sociedade
enteira.
Arcadio, a enfermidade non pode interromper o camiño por máis tempo.
Fuches un xornalista todo terreo, un corredor de fondo, un traballador da radio
e da prensa escrita e, como di a TÃa Manuela, es “un home de leiâ€. A túa
contribución é necesaria, logo, por favor, non tardes moito en volver e trae
forza, toda a forza que teñas para agarrar o micrófono e loitar coa palabra e
coa razón contra tódalas malditas pandemias.
|