Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Sen luz, negrura

Luís Celeiro

08/05/2019


Da importancia da luz non hai nada que falar. Do seu valor e mérito para subsistencia da cidadanía tampouco hai moito que dicir, abonda con agradecer e recoñecer que xoga un papel moi importante na vida e na evolución da humanidade. A luz é, sinxelamente, vida e para resaltar o seu papel en distintos aspectos, na ciencia, na cultura, na educación, no medio ambiente e o desenvolvemento sostible ou en áreas tan diversas como a medicina, a comunicación e a enerxía, a UNESCO, en novembro de 1917,  aproba e proclama oficialmente o día 16 de maio de cada ano como  Día Internacional da Luz.

A nivel estatal créase un comité con científicos e expertos que traballan neste eido, do que forma parte a profesora de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela,  María Teresa Flores Arias, quen gusta de falar da presencia da fotónica na vida cotiá. Neste ano 2019, o acto central  do Día Internacional da Luz desenvolverase en Santiago de Compostela e servirá, a bo seguro, para realzar o traballo de investigación que se fai, neste ámbito, na USC. Din que a fotónica, a ciencia da luz, terá no século vinte e un  a mesma importancia que tivo a electrónica no pasado.  Nestes tempos nos que todo vai a toda présa, a velocidade é importante e a revolución tecnolóxica pasa polo cambio dos electróns aos fotóns.

A luz alimenta, pon en marcha o reloxo biolóxico dos vivos, manda sinais ao cerebro e indicacións claras para a sincronización necesaria das distintas pezas que constitúen a maquinaria humana, con sentimento, con paixón e devoción, con equilibrio e con senso de responsabilidade para que cada quen esperte ou durma cando toque. O reloxo non funciona só co sinal da luz, pero ela é, segundo os científicos, o máis forte e o máis potente. A vida social, os horarios de traballo, da escola, de comer, do ximnasio ou da sesta tamén ordenan, pero despois dela.

A luz tamén é poesía, alegría, claridade, fantasía e realidade total. A luz do día e a enorme claridade do amencer, do solpor ou da noite coa luz acendida, son belezas absolutas, como a luz da escuridade de Lope de Vega ou  cando “a luz bebe luz na túa boca”, en Primavera e muchacha de Octavio Paz. Prezados lectores!, a Tía Manuela di ben: “sen luz, todo é escuridade, negrura para o futuro”.


Artigo publicado en:

El Progreso 
(07/04/19)
El Correo Gallego (08/05/19)
La Región
(08/05/19)

Artigos publicados anteriormente: 

197). Sen luz, negrura (08/05/19)
196). Auga bendita (01/05/19)
194). Nn se rían (17/04/19)
193). Mal dadas (10/04/19)
192). Morta de pena (03/04/19)
191). García-Bodaño, Salvador (27/03/19)
190). O poder do capital (20/03/19)
189). Os peregrinos, da nosa xente (13/03/19)
188). Principios esenciais (06/03/19)
187). Saída inmediata
(27/02/19)
185). Cantos eran? (13/02/19)
184). Respecto (06/02/19)
183). Efectos mortais (30/01/19)
182). Durmir e esperar (23/01/19)
181). Para negociar e transixir (016/01/19)  

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu