A finais do século XIX, o italiano Antonio Meucci inventou o teléfono, a pesar de que quen o patentou foi o cientÃfico Alexander Graham Bell. Era un aparello sorprendente e fenomenal, capaz de transformar o son en impulsos eléctricos e lanzalos polos aires, permitindo conversacións auténticas. Foi o aparello que máis deu para falar e máis axudou á comunicación entre persoas situadas en puntos afastados.
AquÃ, ao noso territorio rural de Galicia, chegou tarde. Os habitantes da maiorÃa das aldeas puideron usalo cando xa estaban os móbiles en acción. E agora? Miles de teléfonos invaden as corredoiras. Os labregos, moitos deles xubilados, sacan o aparello do peto e, a golpe de tecla, ven o tempo que vai facer mañá, falan coa veterinaria da cadela, chaman ao ferrador da besta ou consultan a conta bancaria, aÃnda que teña pouco que consultar.
Polas rúas de vilas e cidades andan ringleiras de persoas “enganchadas†ao teléfono. Tropezan unhas coas outras, retrátanse entre elas e a elas mesmas, falan tranquilamente polas beirarrúas, polos pasos de peóns e, incluso, mentres conducen. O teléfono, na actualidade, é unha ferramenta imprescindible para que a cidadanÃa saiba quen é e onde está, para que cadaquén suba ao tren que lle corresponde, para saber de que falar cos colegas e cal é o nome do amigo a quen vai visitar ou o da moza que quere pretender.
Os datos fan tremer. No mundo hai máis de cinco mil millóns de usuarios de telefonÃa móbil e o número de tarxetas SIM supera os sete mil oitocentos millóns, un número superior ao de habitantes. Na contorna desta industria móvense negocios e poder. Si, efectivamente, o smartphone, ese móbil intelixente que conecta ao mundo, a través das redes, será o instrumento para transmitir as disposicións e para que a inmensa maiorÃa as reciba e saiba a quen ten que obedecer.
Xa o dixo a TÃa Manuela, “é o aparato perfecto para un toque de corneta social e mundial, para que todos a unha, homes e mulleres, segan os pasos marcados pola súa conexión á 4G ou á 5G". Todos retratándose diante dos monumentos indicados, ao carón das paisaxes exóticas máis visitadas, cos mediáticos famosos na arte, no deporte, na ciencia ou na música. O móbil, se é dos modernos e por moitos que sexan, xa sabe con quen ten que retratarse, e que necesita mercar, a súa dona. Ãnimo e liberdade!
|