Falar fala calquera (incluso, calquera escribe) pero deixar de fumar é moi difÃcil para moita xente. Moitos e moitas queren mellor morrer e morren. Segundo os datos estatÃsticos o tabaco é causante dun importante porcentaxe das mortes que se producen no mundo rico, aÃnda que, ao parecer, os grupos socioeconómicos máis baixos fuman máis. Outra vez estamos no mesmo: O can fraco todo é carrachas. O refrán non falla aquà tampouco, xa a Real Academia Galega di que o refrán é “frase curta de forma fixa coa que se expresa un pensamento popular baseado na experienciaâ€. E, que pasa coa experiencia tan negativa das persoas fumadoras, das fillas e fillos destas fumadoras, dos que andan no tabaco e non son quen de retirarse?
“De algo hai que morrer†como canta o chileno Diego Lorenzini, dándolle forma e vida a un magnÃfico cancioneiro que fuxe do carril tradicional. Pero o tabaco é quen de matar e mata. Os datos son horrorosos: no Estado Español, no perÃodo dun ano, morren 25.000 persoas de cancro, por fumar, e outras tantas morren de enfermidades cardiovasculares e respiratorias, tamén por fumar. Ignacio Muñoz Pidal, presidente da “Asociación Española Contra el Cáncer (AECC)â€, aportaba e analizaba estes datos nun artigo publicado recentemente, no que indica que 136 persoas morren cada dÃa por mor do tabaco.
Non se pode seguir calados fronte a tal calamidade, non se debe permitir que as arcas do Estado recaden impostos pagados con tanta dor e tanto suor, envoltos con tanto sufrimento e tanto sacrificio. Cómpre facer un alto, outear o futuro, deixar o tabaco e seguir no gozo de vivir, convertendo todos os dÃas de tódolos anos en tempo sen tabaco, pese a quen pese. Os que mandan, os gobernos e a ciencia teñen que deseñar estratexias que axuden a protexer á cidadanÃa dos prexuÃzos que causa o tabaquismo, esa enorme pandemia mundial que non para.
AÃnda asÃ, a Organización Mundial da Saúde (OMS) achega algúns datos de esperanza. Segundo o último dos seus informes mundiais, o número total de consumidores de tabaco pasou de 1.397 millóns no ano 2000 a 1.337 millóns en 2018. Os homes fumadores seguen sendo numericamente máis que as mulleres. A TÃa Manuela xa o dicÃa, “noutras épocas, fumaban as señoritas. As mulleres, non, non!â€.
|