Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

A lingua, para falar

Luís Celeiro

22/05/2019


As administracións públicas, as asociacións, as comunidades, as universidades, a xustiza e os particulares teñen obriga de coñecer a lingua e de usala, falala e amala, sen máis palabras. Castelao dixo que o noso idioma era unha obra de arte superior ao Pórtico da Gloria e, a pesar desa súa inmensidade, require protección en cada instante. Así o din milleiros de persoas cada ano en manifestacións que cobren, como un manto colorido de seda e de alento, a xeografía total do país. Para o ano que vén haberá que repetir a xeira e reclamar novamente respecto para o idioma que temos, porque como escribiu Manuel María, Galicia  somos nós: / a xente e mais a fala.

No marco da concordancia, moitos apostan, aínda que sexa un día ao ano, por empuxar o carro da normalización, por falar e escoitar falar en galego. Dende 1983, temos unha lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade e desenvolvida tamén de forma consensuada, pero os máis novos, os estudantes da maioría dos centros educativos de Galicia asisten ás clases enteiramente en castelán. Que pasa? 

Parece evidente a necesidade da insistencia e perseveranza para que o galego non esmoreza, para que, pola contra, adquira máis vitalidade, para que sexa lingua de uso en tódolos campos e saberes. Temos unha lingua propia dende a idade media, nosa e de todos, de todos os que hoxe queiran usala. Explicábao moi ben Vázquez Portomeñe na Universidade de Oviedo,  loando o proceso consensuado para a aprobación da lei de normalización lingüística. Os asturianos presentes, representantes políticos, autoridades académicas, membros de “Iniciativa pol Asturianu", profesores e estudantes puxéronse de pé e aplaudiron ao exconselleiro. Foi o triunfo do galego, xunto ao de milleiros de manifestantes que reclamaban “liberdade, igualdade e xustiza”.

A lingua é para falar e para entenderse, para andar polo mundo coa cabeza ergueita, con humildade e con sosego; para contar de onde vimos, onde estamos e para onde imos. É un símbolo de identidade de nós. Como dixo Xavier P. Docampo, “é o instrumento da alma do pobo”, da cultura que marca a nosa forma de ser, de andar, de pensar e facer. Aí está. Si, señor ou señora!, somos galegos tamén polo idioma, polo Galego, ese enorme patrimonio noso, que merece todo o respecto e a máxima protección.

Artigo publicado en:

El Progreso 
(21/04/19)
La Región (22/04/19)

Artigos publicados anteriormente: 

199). A lingua, para falar (22/05/19)
198). Que terá a política (15/05/19)
197). Sen luz, negrura (08/05/19)
196). Auga bendita (01/05/19)
194). Nn se rían (17/04/19)
193). Mal dadas (10/04/19)
192). Morta de pena (03/04/19)
191). García-Bodaño, Salvador (27/03/19)
190). O poder do capital (20/03/19)
189). Os peregrinos, da nosa xente (13/03/19)
188). Principios esenciais (06/03/19)
187). Saída inmediata
(27/02/19)
185). Cantos eran? (13/02/19)
184). Respecto (06/02/19)
183). Efectos mortais (30/01/19)
182). Durmir e esperar (23/01/19)
181). Para negociar e transixir (016/01/19)  

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu