Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Nada de nada

Luís Celeiro

19/08/2019

A concelleira ía diante co seu cadelo atado cunha trela curta. O cadelo ruaba cos outros cans que saltaban sete saltares polas ourelas daquel magnífico carreiro urbano, por onde ía e volvía tódolos días en horas distintas. Moitos cans andaban libremente, mentres os seus amos e amas falaban, comentaban os andares dos cadelos, anotábanse en listaxes grupais de whatsApps e prometíanse respecto mutuo  e, polo tanto, contestar ás chamadas nun tempo prudencial, escribindo sempre algo de interese colectivo e de incumbencia para os cuadrúpedes.

No telefono anotábanse polo nome ou pola cor do cadelo: a do caniche, a do pastor alemán, a parella daquela cadela preciosa, de amarelo ou de ouro; a do palleiro, a do palleirán e o do galego inglés. Mentres os cans brincaban, choutaban e corrían, a xente falaba cos colegas, ría os chistes que contaban e intercambiaban felicitacións polo cumpre anos do animal e,  incluso, nalgúns casos, con agasallos.

Paseos peonís nos arredores das cidades, por un lado e polo outro do Sar e do Sarela, en Santiago de Compostela; do Miño ou do Rato, na Lugo das murallas; polos dous lados do Barbaña, do Barbañica e do Miño, en Ourense, e polas beiras do Lérez ata a súa desembocadura na ría de Pontevedra. Formidables, saudables, fermosos e sombríos todos eles. Son paseos para os cans e para as persoas, sexan da política ou non, do goberno ou da oposición, da mesma familia ou non.

Por certo!, unha segunda concelleira tamén ben peiteada, do mesmo concello, aínda que doutro partido, vixiaba os andares da primeira. Non quería que a viran, pero ela quería comprobar  onde paraba, que facía e onde defecaba  o cadelo da política. Era no único que se fixaba. Non vía ningunha das outras desfeitas do seu goberno, non vía as rúas intransitables e sucias, non vía o feísmo nin o mal trato á paisaxe, as agresións urbanísticas, as obras ilegais e os abusos. Non vía nada.

Decontado, o concello dá conta dunha denuncia anónima, á que terá que responder a concelleira que guiaba o can. Díxoo moi ben a Tía Manuela, “sucia é a política desta xente, a destas persoas que gañan tres veces máis do salario normal e que non teñen para onde volver”. Unhas non poden e outra non queren, non queren saber nada de nada de onde veñen. Que mágoa!


Artigo publicado en:

El Progreso  (20/08/19)
La Región (21/08/19)

Artigos publicados anteriormente: 

212). Nada de nada (21/08/19)
211). Verde oliva (14/08/19)
210). Ánimo e liberdade (07/08/19)
209). Chove sobre mollado (31/07/19)
208). Non era sen tempo (24/07/19)
207). As cores falan (1/07/19)
206). Vaiche boa! (10/07/19
205). Dialogar e negociar (03/07/19
)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu