As alarmas nestes tempos novos aparecen asociadas aos seguros, á seguridades, á loita contra das ocupacións e do latrocinio. As grandes compañÃas venden alarmas a calquera prezo e póñenas a soar nos cuarteis ou nas oficinas, na rúa, no teléfono móbil ou no ordenador de traballo de cadaquén. Os bombeiros van polas rúas silenciosas pisando nas beirarrúas, coa alarma acendida, distribuÃndo pánico, igual que os policÃas, que queren chegar axiña ou os condutores de ambulancia que marcan cos seus sinais, luminosos e sonoros, o paso directo cara ao hospital máis próximo.
En fin, agora estamos todos no segundo Estado de Alarma, declarado polo Goberno de España. Unha alarma, igual que a primeira, ben sonora, ben ruidosa e moi visual. Unha alarma que lle indica á xente que vaia para a casa, que estea na casa e que non se vexa cos iguais, que abra as ventás, que cante ou rece en solitario, que xogue ao xadrez ou coas cartas e que estea atenta á televisión para coñecer cal é o estado da cuestión, sen esquecerse de que é conveniente lavar moitas veces as mans e non tocar con elas o nariz, a boca, os ollos e a cara.
Parece un xogo, pero é perigoso. Derrúbanse as perspectivas todas, paralÃzase a imaxinación, como se arrefriaran as ideas, como se estiveramos en tempos xa vividos ou malvividos. A economÃa conxélase e a produtividade, en calquera sector, desaparece. Languidece o sistema sanitario, esmorece o sistema educativo e os milleiros de transportistas motorizados mátanse nas rotondas ou nas esquinas.
As alarmas coas luces vermellas e os gobernantes pedÃndolle á sociedade “moral de vitoriaâ€, a través de tódolos medios. As redes sociais en campaña permanente, os funcionarios en proceso de subsistencia; aqueles que traballan na hostalerÃa ou no turismo, no paro probablemente indefinido, e os outros? Moitos deles axudándolle ao Ministerio a contar os mortos, para enterralos discreta e caladamente nun anoitecer calquera.
Aà está a pandemia, maldita cousa mala! Require, para o seu exterminio, concreción, acción, unión e, sobre todo, sentido. Non hai que darlle moitas voltas e, a pesar das alarmas continuadas, cómpre atender ao principal e entender que os integrantes da comunidade son persoas con dignidade e, como di a TÃa Manuela, “con dereito á esperanza e á alegrÃa da liberdadeâ€.
|