Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Apoderada

Luís Celeiro

29/05/2019


Ela non era a candidata, era unha das milleiros de mulleres voluntarias, apuntadas nas enormes listaxes de interventoras e apoderadas, desas que tanto traballo realizan, ás caladas, en cada un dos procesos electorais, nunha das preto de catro mil mesas electorais de Galicia. Vixían, axudan, animan, controlan e aportan sabedoría, práctica e experiencia naquel entorno pequeniño, nalgún dos máis de dous mil catrocentos  locais electorais, dispersos pola xeografía nosa, polas zonas rurais e urbanas, nos 313 concellos da actualidade.

Ela era como un soldado cualificado dese exército de enormes dimensións e capacidades, disposto a dar alento aos procesos de asentamento de sistemas participativos, tan necesarios e tan convenientes. Era unha das da base, desas que insisten sempre no cumprimento da encomenda. Unha desas ás que tanto lles deben os candidatos e as candidatas, unha parte substancial do proceso electoral. Os interventores e apoderados son de parte, pero ao xuntárense todos constituirían un grupo completamente plural e interesante, con pareceres distintos, con olladas diferentes, con distintas personalidades, pareceres e maneiras, Un grupo unido pola vocación de servizo. A cita poderase facer a través das redes sociais e o lugar pode ser calquera, unha carballeira, mesmamente.

A chamada debe incluír no programa da xornada un xantar, no que non falten o pulpo á feira nin o queixo con marmelo. Alí estarían as bases constituíndo un grande e eficiente grupo electoral, capaz de dar reposta ás inquedanzas da veciñanza. E, se non houbera consenso, quen contaría os votos? Estableceríase un sistema electrónico eficiente, amparado nun programa de intelixencia artificial e nos acordos previos, tomados incluso antes de cocer o pulpo.

Deste grupo hipotético deberían formar parte tamén as persoas designadas para cada mesa electoral, tres titulares por mesa e dous suplentes por titular. Parece moita xente, pero habería traballo para todos e todos serían necesarios. Unha das interesadas en promover o conclave apuntaba a idea de estender a convocatoria aos asesores dos políticos, pero a proposta quedou parada ata unha nova reflexión e, se é necesario, ata despois dun estudo pormenorizado, no que interveña o sentido común e o sentidiño de cada quen.

Artigo publicado en:

El Progreso 
(28/04/19)
La Región (29/04/19)

Artigos publicados anteriormente: 

200). Apoderada (29/05/19)
199). A lingua, para falar (22/05/19)
198). Que terá a política (15/05/19)
197). Sen luz, negrura (08/05/19)
196). Auga bendita (01/05/19)
194). Nn se rían (17/04/19)
193). Mal dadas (10/04/19)
192). Morta de pena (03/04/19)
191). García-Bodaño, Salvador (27/03/19)
190). O poder do capital (20/03/19)
189). Os peregrinos, da nosa xente (13/03/19)
188). Principios esenciais (06/03/19)
187). Saída inmediata
(27/02/19)
185). Cantos eran? (13/02/19)
184). Respecto (06/02/19)
183). Efectos mortais (30/01/19)
182). Durmir e esperar (23/01/19)
181). Para negociar e transixir (016/01/19)  

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu