Parece un verdadeiro milagre, aÃnda ben non remata unha festa e comeza outra coa mesma fortuna. Os máis novos e os máis vellos do paÃs recorren a terra deles, provincia a provincia, detrás dunha romarÃa, detrás da conmemoración dun milagre. Van ofrecidos ou sen devoción, van en ringleira, cadaquén ao seu xeito, á súa maneira, andando, correndo, cos pés descalzos, coa cara tapada, cantando, chorando ou rezando. Chegan ao santuario rezan o que poden, comen o churrasco de vaca cachena ou de porco celta, bendicen o café de pota con augardente auténtica e volven para a casa devagar, sabendo que ao dÃa seguinte hai que traballar.
Os Milagres en cada esquina. Case todas as parroquias de Galicia teñen a súa festa, a romarÃa de época, que alimenta o espÃrito e axuda á industria das candeas, aÃnda que, en moitos dos santuarios, os cirios xa non son de cera, son electrónicos e funcionan sen fume, igual que as tragaperras, esas máquinas comecartos silenciosas, que fan verdadeiros milagres, sen contar coa intervención divina. Os Milagres de Amil, en Moraña; o Santo Milagre do Cebreiro, os Milagres de Monte Medo, en Baños de Molgas; os de Couso, os de Caión e tantos e tantos outros recordados, cada ano, en tantos e tantos santuarios galegos.
Xúntase a devoción, a afección, a curiosidade, o afán por coñecer, o costume e o negocio nas contornas dos santuarios, dos moitos santuarios que temos, con enorme interese relixioso e coa riqueza patrimonial e cultural indiscutible, que eles teñen. Os vendedores ambulantes, os comerciantes e os das casas para comer e durmir da localidade e das proximidades, os cregos, músicos, animadores culturais e todos, sen excepción, rezan con interese para que faga bo dÃa e que non chova ata entrar a tardiña.
As axencias de viaxes especialÃzanse en turismo de santuario e axudan a promocionar os distintos lugares, todos eles situados en paraxes excepcionais. A Virxe da Barca, Santa MarÃa da Pastoriza, o Santuario Mariano da Escravitude, a Nosa Señora das Ermidas, Santa Marta de Ribarterme, Santa Mariña de Augas Santas ou aquel ao que “vai de morto quen non foi de vivoâ€, Santo André de Teixido, son exemplos para ilustrar as crenzas dos romeiros galegos, que -como di a TÃa Manuela- “igual que os polÃticos, cada un vai ao seuâ€.
|