Aquel home pobre, de casa pobre, de pobo pobre e de familia aÃnda máis pobre foi parar ao asilo, a onde recibÃan algo de atención e asistencia social as persoas sen recursos, orfas de cariño e sen leito. Alà morrÃan confinados os que estaban recluÃdos para finar, aqueles que non tiñan para onde mirar, que non tiñan a quen escoitar nin con quen falar. Os asilos fóronse ás aforas e os espazos que ocupaban recicláronse, reformáronse e convertéronse en solares de opulencia e de grandeza para lustre das cidades que medran sen xeito, desas que medran por medrar, á marxe dos intereses da cidadanÃa.
Pecharon os asilos e abriron negocios, moitos deles axudados polos cartos do erario público, polos cartos da administración, que son os nosos. Negocios amparados polos axentes electorais, que provocaban ruÃdo e buscaban votos na faltriqueira daquela desesperada e abandonada amiga que Ãa directa polo camiño do precipicio. Onde e como mellor están os asilos e as residencias é ao servizo da xente, cubrindo as debilidades da sociedade, das estruturas, das bibliotecas e dos centros de saber, sexan como sexan e de onde sexan.
Nos asilos morrÃa a paisanÃa, nas residencias de agora morren tamén, ao seu tempo, os patriotas e os forasteiros, en por igual. E, tanta xente internada, que pasa? Aquel home que non querÃa o asilo, tampouco quere a residencia, por moito que os publicistas e os polÃticos de pelaxe mesta e nova lle cambien de nome.
Residencias para maiores, antesalas do tanatorio, espazos de entre a vida e a morte, tristeza temporal absoluta. Sen rosas, sen respiro, sen aloumiño e sen luz clara, imos pasando o confinamento, pero a verdade sexa dita, mellor cadaquén na súa casa, na tranquilidade do seu cuarto pequeno, ao amparo dunha raiola de sol que entra por entre das polas dos castiñeiros que se abanean ao lado da casa.
O confinamento, mellor sen el e, de ter que ser, mellor na casa, na casa dun, na dos pais ou da sogra, da prima Esperanza ou de calquera da familia. Mesmo na casa da nora, da irmán ou da cuñada. A TÃa Manuela neste discorrer non dá parangón: Que retornen o avó e máis a avoa para casa e que se free o negocio e a especulación, para que abunde a ledicia, a transixencia, o respecto e a comprensión. Nada máis.
|