Os datos indican que a poboación fumadora aumentou nos últimos anos, igual que aumentou o consumo de tabaco entre os máis novos, tal como demostra a Enquisa de Alcohol e Drogas en España. Parece difÃcil de entender, pero a realidade é crúa e dura, non ten piedade nin xeito nin dereito. A realidade é que o tabaco mata, mata a milleiros de homes e mulleres en cada instante. O seu fume é como o sulfato que deixa sen respiro aos que levan o cigarro á boca e aos que están ao seu lado. Pero a droga máis consumida segue sendo o alcohol, a pesar de que nos últimos anos baixou e moitos dos consumidores queren definitivamente deixalo.
Os homes consumen máis alcohol, tabaco, cannabis e cocaÃna que as mulleres, que son máis dadas aos hipnosedantes e analxésicos opiáceos, pero, co paso dos anos, obsérvase a tendencia á igualdade de xénero. O risco percibido diante da maiorÃa das drogas aumenta considerablemente, aÃnda que máis nas mulleres que nos homes, sendo o alcohol das que se perciben como menos perigosas. Quen sabe? É cousa da educación, evidentemente. Cómpre pois, reforzar o coñecemento sobre os prexuÃzos daquelas sustancias perigosas, espallalo e poñelo ao servizo da sociedade enteira, dos fumadores e dos que xa non fuman.
Os propios estanqueiros, uns dos moitos que viven do negocio do tabaco, resaltan a importancia que ten este produto na economÃa do Estado e, segundo os datos proporcionados por Analistas Financeiros Internacionais (AFI) para a Mesa do Tabaco, a cadea de valor deste produto tóxico, dende o cultivo ao punto de venda, xera un impacto económico que anda polos tres mil douscentos millóns de euros do valor engadido bruto na economÃa do Estado Español, un 0,3 % do produto interior bruto.
A recadación fiscal polo tabaco supera os nove mil millóns de euros, cada ano, e o sector proporciona uns cincuenta mil postos de traballo, cerca de trinta mil son nos máis de trece mil douscentos estancos espallados pola xeografÃa, de Norte a Sur e de Este a Oeste. Mentres os fumadores aguanten, o negocio resiste e segue fumegando con sustancias nocivas e perigosas para a vida. Neste caso, amigos lectores, a TÃa Manuela ten razón: a saúde debe ser o primeiro, antes que os outros intereses todos.
|