Eles, quen van ser! Os que mandaron sempre. Aquà mandan os mesmos que alÃ, os mesmos que mandan daquel outro lado, os de sempre. Con razón ou sen ela, eles mandan e o mundo cala. Por que será? É evidente que a arma que manexa o mando é potente, danosa e perigosa. O medo crávase no corazón e no pulmón, no espÃrito, na alma e no miolo dos ósos. Destrúeo todo, todo o que pilla por diante. Atravesa o cráneo e instálase dentro, con vocación de permanencia e co afán de perturbar o coñecemento do posuidor. O medo é peor que o virus, é infausto, funesto, caprichoso e, en moitos casos, irracional.
Eles sábeno ben. Os que mandan aprenderon a manexar o medo e con el dobregan á sociedade enteira, ás sociedades todas do mundo rico, o que lles importa e lles interesa. Prezados amigos, parece que non hai máis mundo que o dos infectados con ese virus mal intencionado, que só pode facer mal ao mundo que aà está parado, expectante e preocupado por non ter, ou non coñecer, a ruta. Que pensarán as xentes dos outros mundos, que tamén respiran e se moven?
Que pensarán ou que maquinarán aquelas xentes que teñen prohibido pensar?, que dirán as multitudes que non poden falar ou que non teñen con quen falar?.
Aquelas, ás que non escoita ninguén. Winston Churchill referiuse, nalgunha ocasión, ao valor que se precisaba para levantarse e falar, outro tanto ou máis que o valor necesario “para sentarse e escoitarâ€, dicÃa o polÃtico e Premio Nobel de Literatura. Do que ensina o silencio, ese que fala só, cantas cousas se aprenden? Tantas como as que se aprenden ao falar, entre as importantes, cómpre enumerar o aprender a escoitar.
Pero volvamos ao principio, quen manda aquÃ? Os teóricos, sociólogos, psiquiatras, neurólogos, enfermeiros, estatÃsticos, polÃticos e politólogos, eses que deseñan os distintos sistemas de organización das sociedades, non acadan acordo. Cada un deles segue o seu camiño, pero todos coinciden en que estamos encarrilados cara a unha Nova Orde Mundial, liderada polos poucos multimillonarios, polos que dominan o capital mundial, polos donos das tecnolóxicas, da farmacéuticas, da vida e da morte dos homes mozos e vellos. Xa o di a TÃa Manuela, “mandan os que poden, eles, eses que queren unha sociedade enferma, amansada e caladaâ€.
|