Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Sen apuros e sen demoras

Luís Celeiro

26/06/2019


O amigo morreu no camiño. Ía da casa para non se sabe onde e volvía de non se sabe onde para algún sitio. Volvía á casa, un dos poucos sitios aos que sempre se pode volver. O amigo era un camiñante por lugares descoñecidos, por territorios descoñecidos, por rutas perigosas e illadas, retiradas da proximidade dos rueiros recreativos, adquiridos e preparados polos amos do benestar. Quen son? Non se sabe, pero existen, hai  persoas dispostas a plantarse diante daqueles que obstrúen o desenvolvemento.

A morte é o peor, o sufrimento  total , o peor do peor. É tristeza, lembranza, sosego e desacougo ao mesmo tempo. É penuria  e dá pena ver a aquela xente, daquela esquina,  traballando seguido para, se é posible, avanzar e poñer a bandeira ao servizo de quen a necesita. Morreu o amigo e xunto con el foise unha parte importante da Galicia nosa. Marchou e foise para situarse naquel lugar á esquerda ou á dereita, onde todo é posible, onde mandan as lembranzas, onde se proxectan os recordos coa suficiente forza de luz e coa esperanza de sempre, incluso sabendo que andamos por un camiño sen retorno.

Morreu coa seguridade de que a morte ten un prezo e, se fose posible, morrería novamente outra ou outras moitas veces, antes de calar e, incluso, antes de falar. Moitos coinciden con aquilo de que é mellor morrer con orgullo, antes de vivir sen el. Todo parece normal, e a morte? Tamén. Normalidade é o mellor, como en todo, incluso na vestimenta, no peiteado e no andar, no deporte, no traballo, no calar, no pensar e razoar, na vida e na morte. Para algúns pode ser un negocio, para outros, tristeza total e para a maioría, a soidade plena, a escuridade absoluta, coa única raiola de luz alumeando os recordos, antes do esquecemento, diante da desmemoria dos que seguen vivos.

Á morte non lle debemos temer, di Antonio Machado, “cando chega, nós xa non somos” e, como afirma Jorje Luís Borges, “a morte é unha vida vivida  e a vida é a morte en camiño”. Son probablemente a mesma cousa, un soño e un esquecemento. E, sen vida, non pode haber morte. Non ou si? Para os novos a morte é un naufraxio e para os maiores é a arribada. Sen présa, vamos cara ao porto, pouco a pouco, engorde e paseniño, sen apuros e sen demoras.


Artigo publicado en:

El Progreso  (25/06/19)
La Región (26/06/19)

Artigos publicados anteriormente: 

204). Sen apuros e sen demoras (26/06/19)
203). Intereses espurios (19/06/19)
202). Sigamos! (12/06/19)
201). A saúde, o primeiro (05/06/19)
200). Apoderada (29/05/19)
199). A lingua, para falar (22/05/19)
198). Que terá a política (15/05/19)
197). Sen luz, negrura (08/05/19)
196). Auga bendita (01/05/19)
194). Nn se rían (17/04/19)
193). Mal dadas (10/04/19)
192). Morta de pena (03/04/19)
191). García-Bodaño, Salvador (27/03/19)
190). O poder do capital (20/03/19)
189). Os peregrinos, da nosa xente (13/03/19)
188). Principios esenciais (06/03/19)
187). Saída inmediata
(27/02/19)
185). Cantos eran? (13/02/19)
184). Respecto (06/02/19)
183). Efectos mortais (30/01/19)
182). Durmir e esperar (23/01/19)
181). Para negociar e transixir (016/01/19)  

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu