Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

As pallozas, para ver

Luís Celeiro

17/10/2019


As pallozas agora son para visitar, para que os turistas do país e os de fóra observen, pensen, imaxinen e vexan como era a habitabilidade das casas da xente nos tempos prerromanos, cando os homes e os animais, bois, vacas, cabalos, burros, porcos, ovellas e cadelos compartían espazo vital, lareira para cociñar, alcoba para descansar e alento fervendo daqueles pulmóns fortes, sans e novos, para quentarse e para respirar o aire que xa fora respirado. Os expertos din que poden ser da época dos celtas, cando a vida na montaña era tan difícil como a de hoxe en moitas cidades e lugares do mundo. Son de base oval ou redonda, teñen paredes de pedra e teito de palla tratada, segada á man e ordenada en colmos.

Para moitos dos novos son cousa nunca vista, son excepcionais motivos para ler na historia, para aprender de onde vimos e que fixemos os que somos desta raza humana. Os encargados do mantemento destas edificacións sinxelas e fermosas, adaptadas perfectamente á climatoloxía do lugar onde se atopan, teñen dificultades para desenvolver o seu labor. Non hai palla adecuada, non hai quen saiban facer este traballo que, a pesar de ser sinxelo, ten que ser feito con rigor e con profesionalidade.

As catro pallozas do Cebreiro constitúen un “Ben de Interese Cultural”, son un conxunto etnográfico de incalculable valor e grande  beleza. Unha delas, a de Campelo, fai de almacén e as outras son museo, a de Xan López, a do Quico e a de Galán. Son de titularidade estatal, aínda que se encarga da súa xestión a Xunta de Galicia, a través do persoal do Castro de Viladonga. Están nun dos puntos máis emblemáticos do Camiño de Santiago, preto doutro conxunto de edificacións do mesmo estilo, en Piornedo dos Ancares, naquel alto onde a provincia de Lugo tamén se bica cordial e cariñosamente coa de León.

Peregrinos que veñen de cerca e de lonxe, mozos e mozas de calquera cidade galega e de onde queira que sexan, van ao Cebreiro e volven. Alí apalpan a grandeza e a miseria doutros tempos, cando os paisanos nosos vivían e durmían ao carón da Parda e daquela outra vaca marela. As pallozas falan e explican as razóns todas polas que cómpre volver velas. Xa o di a Tía Manuela, “os tempos cambian para todos, pero non para todos igual”.

Artigo publicado en:

El Progreso  (16/10/19)
La Región (16/10/19)

Artigos publicados anteriormente: 

220). As pallozas, para ver  (16/10/19)
219). A horta urbana  (09/10/19)
218). Da postal ás redes sociais  (02/10/19)
217). Cómpre empezar de novo  (25/09/19)
216). Un mundo enteiro  (18/09/19)
215). En paraxes excepcionais  (11/09/19)
214). Calquera cousa é posible  (04/09/19)
213). Paciencia (28/08/19)
212). Nada de nada (21/08/19)
211). Verde oliva (14/08/19)
210). Ánimo e liberdade (07/08/19)
209). Chove sobre mollado (31/07/19)
208). Non era sen tempo (24/07/19)
207). As cores falan (1/07/19)
206). Vaiche boa! (10/07/19
205). Dialogar e negociar (03/07/19
)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu