Entrou na oficina bancaria daquela esquina, onde tantas veces entrara, para informarse do estado da súa conta case baleira permanentemente. Non coñecÃa a ninguén; xa non era o que fora, non habÃa portelos abertos ao público, non habÃa funcionarios nin xornais encima das mesas, nin bolÃgrafos, nin calendarios, nada de nada. Non habÃa xente para cobrar o subsidio, nin con quen falar. Máquinas a moreas, sentadoiros decorativos e artÃsticos para que ninguén fixera uso deles, luces de cores cálidas e letreiros de cores ofertando o ouro e o mouro, de tal maneira que podes investir aquÃ, gastar aquÃ, comprar aquà tamén e, incluso, arruinarte aquà mesmo, sen necesidade de moverte, sen ir alá, a onde pensabas que nunca irÃas.
Non hai cartos nos bancos, nin hai con quen contalos. Plástico a moreas. Tarxetas decorativas, artÃsticas, brillantes, luxosas e lustrosas. Plástico con valor de ouro, co peso da herdanza enteira, co poder do capital, con valor abondo para un negocio calquera e coa suficiente tristeza de ser soamente material sintético e inválido, se non ten engadido un chip, unha ligazón ao fondo da carteira que almacena a suor da maior parte dos clientes desa banca con luminosidade abondosa cara o exterior e con grande opacidade por dentro.
Moitos dos nosos e nós non entendemos tanta cousa: tanto paro, tanta espera, tanta tarxeta con pin ou sen pin, tanto pagar e tanto calar. É difÃcil de entender estes negocios novos, nos que todo parece outra cousa, unha realidade distinta, un feito ardoroso e de carácter global, como global deberÃa ser, pola contra, a atención ao planeta e ao medio ambiente. Global deberÃa ser a educación, a xustiza, o respecto e o aprecio, a solidariedade e a equidade. E, os dereitos? Por favor, que sexan igualmente globais.
Entre os dereitos está o coidado á natureza a á vida, por iso moitos queren erradicar o plástico do entorno, dos comercios, dos envoltorios, dos mares, da vestimenta e dos ornamentos, por saúde e por economÃa. Xa o dicÃa a TÃa Manuela, “agora coa normativa e antes sen ela, pagamos o plástico ao mesmo prezo que o solombo, ata ese momento ecolóxicoâ€. Caro!, e máis caro vai ser aÃnda o tratamento para a cura do mal que está producindo tanta contaminación e tanto inútil envoltorio.
|