Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

A tenrura do neno pequeniño

Luís Celeiro

28/12/2020


A tenrura do meniño reforza a fortaleza, o ánimo e, mesmo, a valentía daquela persoa que o coida, que lle dá de comer e que o lava, empezando polos pés, con moito coidado, entre os dedos, entre as pernas e na cabeza. Que o lava entre os dedos das mans e as mans todas elas, que lle lava a cabeza, as orellas, o pescozo e as lagañas. A tenrura dálle máis vida á vida da xente boa, esperta amorosidade e reclama cariño e dozura. Calquera é quen de acariñar a un bebé ou a un meniño. Calquera!

Se hai que cambiarlle o cueiro a unha vella ou a un vello, xa é outra cousa. Neste caso, queridos amigos, os coidadores non se invisten de fortaleza. Aquí cómpre un manto de tenrura coa mesma suavidade que a do algodón puro e limpo, con enorme cariño, coa mesma amorosidade e mesma dozura que a do neno, esquecéndose diso de que “á vellez varíolas” e sabendo que “canto maior, tanto amor e máis honor”. Díxoo Victor Hugo, con aquelo de que “o síntoma máis poderoso de amor é a tenrura case insuperable”, a que che agradece o amigo, a amiga, o familiar ou a quen coidas, que é a quen queres.

E, vostedes que pensan? Confundidos, uns atendendo aos outros ou aos biosbardos e o mundo, descoidado e alterado, coas súas xentes desconcertadas mirando como o ceo se xunta co mar no horizonte. Un amigo que se dedica ás ciencias biomédicas di que o vagón vai descarrilado, que non estamos en tempos de andar con cocerellos, que cómpre claridade na expresión e seriedade, moita seriedade na investigación e tamén na divulgación, na Universidade, na sociedade, na xustiza, na administración  e na actitude individual dos cidadáns.

O mundo non é dos ricos, é de todos e ten que ser de todos por igual. Ten que respectar ás especies, ao medio, á vida e á morte. Non é dos políticos, digan o que queiran ou pensen o que pensen. Non, non é deles nin é noso, é dos máis ricos, dos máis pobres e dos outros. Na igualdade está a clave do benestar mundial, igualdade de xénero e igualdade de oportunidades. Igualdade no aceso á formación, á cultura e aos produtos necesarios. Aí está a igualdade, en sintonía e harmonía  coa pluralidade e a diversidade de ideas. Aí está a tenrura do neno pequeniño  e a que xera aquel maior ao que coidas, acariñas e aloumiñas.



El Progreso (29/12/20)
La Región (30/12/20)
El Correo Gallego (30/12/20)
El Ideal Gallego (31/12/20)
Diario de Arosa (31/12/20)

Artigos publicados anteriormente:


282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu