Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Martín de Padrozelos

Luís Celeiro

13/11/2019


Escribir de literatura e de música é unha verdadeira ledicia, é tan bonito como ler boa literatura, da nosa, e escoitar música boa, da nosa tamén. É un pracer enorme para os aldeáns coma min descubrir que un dos primeiros poetas da historia literaria de Galicia tamén procedía da aldea. Estámonos referindo a Martín de Padrozelos, aquel trobador que, segundo os investigadores Xulio Pardo de Neyra e Dulce Fernández Graña, deixou as primeiras cantigas coñecidas na lingua galega, nove son cantigas de amigo e unha, de amor.

Viviu a cabalo de dous séculos, dende finais do once ata principios do doce, e foise silandeiro, como procedía naquel momento. Detrás del quedaron varios séculos de silencio sen deixar ver o rastro, marcado con escritura medieval. Agora, os que o seguen van parar ás terras de Lóuzara, preto do Courel, no concello de Samos. Terras de poetas, escritores e xente de talento, terras montesías amparadas polos tesos cumes de Novoneyra, lambidas polo “bicarelo do bico do brelo”. Terras sollías e xabreiras, dun e do outro lado do río, ao carón de Portela e do Alto da Pedra, á vista do Pía Paxaro e do  castro de Mouras.

Os investigadores traballaron e agora dan luz aos seu logros. Son contundentes: “o primeiro trobador da nosa historia literaria, Martín de Padrozelos, era  Martín Pérez de Praducelo, da parroquia de San Xoán de Lóuzara”, onde perdura unha casa co seu nome. O cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o cancioneiro da Vaticana recollen dez das súas cantigas e fanlle saber a quen queira ler que “estamos diante dun extraordinario poeta”.

Agora, outro paso importante, os estudosos falaron e os seus falares recolleranse nun documental que subliña e salienta os andares da lírica de Martín de Pradozelos, un Trobador no Camiño.  Ademais o grupo musical A Quenlla, con Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) á cabeza, puxo música ás dez cantigas deste autor, para presentalas nun CD e axudar á recuperación e á valorización da literatura galega medieval. Adiante! Como dicía a Tía Manuela “para saber a onde imos, cómpre saber de onde vimos e quen somos”.


Artigo publicado en:

El Progreso  (12/11/19)
La Región (13/11/19)

Artigos publicados anteriormente: 

224). Martín de Padrozelos (13/11/19)
223). Para ti, con agarimo (06/11/19)
222). Ao prezo de solombo (30/10/19)
221). Senda aberta (23/10/19)
220). As pallozas, para ver  (16/10/19)
219). A horta urbana  (09/10/19)
218). Da postal ás redes sociais  (02/10/19)
217). Cómpre empezar de novo  (25/09/19)
216). Un mundo enteiro  (18/09/19)
215). En paraxes excepcionais  (11/09/19)
214). Calquera cousa é posible  (04/09/19)
213). Paciencia (28/08/19)
212). Nada de nada (21/08/19)
211). Verde oliva (14/08/19)
210). Ánimo e liberdade (07/08/19)
209). Chove sobre mollado (31/07/19)
208). Non era sen tempo (24/07/19)
207). As cores falan (1/07/19)
206). Vaiche boa! (10/07/19
205). Dialogar e negociar (03/07/19
)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu