Impresiona ver e ler en letra escrita a vida deste home que, se vivise, cumprirÃa, en agosto de 2020, cen anos. Moitos e poucos ao mesmo tempo, difÃciles, escuros, luminosos. Cheos de luz e de esperanza, tamén. Para lembrar a grandeza de Isaac DÃaz Pardo e festexar o centenario do seu nacemento, o Concello de Santiago publicou un libro cheo de agarimo e con todo o cariño e bo facer do autor, Xosé Ramón Fandiño, un amigo, un “irmán de Isaacâ€, un discÃpulo de Isaac, un colega, un disciplinado e honesto historiador, capaz de respectar e preservar a memoria e máis aÃnda cando se trata da “memoria do compromisoâ€. Compromiso coa xente, co pobo enteiro e coa Galicia toda.
Aqueles grandes homes como Alfonso RodrÃguez Castelao, Antón Fraguas, Ãnxel Casal, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Bouza Brey, Blanco Amor, Francisco Asorey, Carlos Maside, Arturo Cuadrado, LuÃs Seoane e moitos outros pasaban pola casa da Tumbona, na rúa compostelá das Hortas, para falar co pai de Isaac, Camilo DÃaz Valiño, outro artista de verdade e defensor da xustiza e da igualdade, como principios esenciais para erradicar o caciquismo e acadar unha terra libre, na que puideran vivir homes e mulleres libres, sen ataduras e sen fame. Ao pouco, xa o mataron, paseárono e asasinárono.
Fandiño conta estas cousas que lle poñen ao lector a pel de galiña. Terribles historias que deben ser coñecidas e nunca esquecidas. Aqueles homes, cos seus principios, coas súas ideas ao servizo dun paÃs que querÃan liberado, pagaron o seu compromiso co exilio ou coa vida. En 1936, cando tiña dezaseis anos, Isaac DÃaz Pardo tivo que fuxir de Santiago e esconderse en Coruña, na casa do tÃo Indalecio. Non habÃa nada que falar, procedÃa calar, chorar e agardar.
DÃaz Pardo e Fandiño foron amigos, “moi amigosâ€, traballaron xuntos e xuntos, a pesar da diferencia de idade, contribuÃron á construción da identidade de Galicia. Asà como di o refrán, “Deus créaos e eles xúntanseâ€. As súas contribucións ao desenvolvemento intelectual do paÃs son de importancia relevante e merecen, xa que logo, respecto e querenza. A TÃa Manuela envÃalle parabéns ao autor, polo que conta e por como o conta. Fantástico, clariño, didáctico e moi ben deseñado e ilustrado.
|