Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Aprecio aos iguais

Luís Celeiro

20/11/2019


Ela tiña un can na casa. Era un cadeliño pequeno, dos que son lonxevos, amorosos e pouco ruidosos. Era un pomerania ou un pequinés dos pequeniños, intelixente e de moito agrado para os pequenos da casa. Todos xogaban xuntos, durmían xuntos e comían da mesma comida, como se fosa a felicidade total, en compañía e con harmonía . Na cama, non. Ao can non lle permitían que se deitara no leito dos meniños e non o querían no seu. Tiña o seu propio espazo para a noite e para tódalas noites, e alí estaba o canciño agardando que volvese o día. Unhas veces rosmando, outras laiando e, en moitas ocasións, ladrando ou soñando.

O peor de todo foi cando durmía e veu un rato, dos moitos que había, e mordeuno nunha orella, deixándolle un furado de corte perfecto e chupándolle o sangue que vertía. Foi aglaiante, o cadelo ladraba desesperadamente, a ama choraba e o rato permanecía escondido no caixón, detrás do chocolate que compraran onte para facer a merenda de mañá. Era unha situación difícil, case incomprensible. Unha situación de medo, xa que aquel rato ou rata roedora podía meterse en calquera cama, na procura do cadelo.

Todo foi pasando, a orella recuperou a súa normalidade, cun pequeno sinal de guerra. O pequinés atopouse recuperado e, incluso, reconfortado ao ver que aquela rata era máis pequena do que el era. Todo seguía marchando, daquela maneira, naquel cuarto bastante sucio e con cheiro propio, con olor insoportable a camada de ratos. Como roedores que son, estes animais van en grupo, reprodúcense con enorme facilidade e rapidez, ata o punto de que unha soa rata medianamente coidada pode ter oitenta ou cen crías nun ano.

Agora ela, a que segue sendo dona do can e do gato, aínda que está acostumada ao cheiro dos ratos, quere  librase deles, pero a súa conciencia non lle permite o mal trato aos animais. Ten que alimentar ao can, deixar comida para un gato acomodado e que dorme, de noite e de día, no edredón da súa cama; ten que traballar e mercar lácteos para as ratas parideiras, aguantar  e calar. Debería escoitar á  Tía Manuela, cando di que “o respecto aos animais e aos demais,  empeza pola atención e aprecio aos iguais”.

Artigo publicado en:

El Progreso  (19/11/19)
La Región (20/11/19)

Artigos publicados anteriormente: 

225). Aprecio aos iguais (13/11/19)
224). Martín de Padrozelos (13/11/19)
223). Para ti, con agarimo (06/11/19)
222). Ao prezo de solombo (30/10/19)
221). Senda aberta (23/10/19)
220). As pallozas, para ver  (16/10/19)
219). A horta urbana  (09/10/19)
218). Da postal ás redes sociais  (02/10/19)
217). Cómpre empezar de novo  (25/09/19)
216). Un mundo enteiro  (18/09/19)
215). En paraxes excepcionais  (11/09/19)
214). Calquera cousa é posible  (04/09/19)
213). Paciencia (28/08/19)
212). Nada de nada (21/08/19)
211). Verde oliva (14/08/19)
210). Ánimo e liberdade (07/08/19)
209). Chove sobre mollado (31/07/19)
208). Non era sen tempo (24/07/19)
207). As cores falan (1/07/19)
206). Vaiche boa! (10/07/19
205). Dialogar e negociar (03/07/19
)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu