Camiñaba silandeiro pola estrada de saÃda e atopouse coa variante Este-Norte, máis adiante entra na variante da autovÃa e segue rodando ata que, de contado, interrómpelle o paso un camión que viña pola variante de mercancÃas do porto seco. Variantes para arriba e para abaixo, para a dereita e para a esquerda. Aà vai correndo, a setenta por hora, outro automóbil pola variante da retorta, polo medio e medio da estrada, mesmo antes da revolta. Vai e vén, vai e volve correndo sen parar e sen chegar. Xa non sabe onde está, non sabe en que dirección xirar, nin se é por alà ou por acolá.
Dificilmente pode orientarse ao carón do horizonte, que planea na chaira veciña, a onde se achega o solpor cada dÃa, cada tardiña, mesmo antes da noite, que se anuncia pecha e frÃa. Tan frÃa como a alma dos viandantes, que miran para o rÃo e observan o seu pasar paseniño, sexa de noite, sexa de dÃa ou á mañanciña.
As variantes do Piñeiro ou do Regueiro, a onde van? E, a africana ou inglesa, que perseguen? A variante, calquera que sexa, non mellora o mal que hai. Pola contra, agranda os seus efectos, os temores e, mesmo, os virus, as mágoas da maiorÃa e a riqueza desa minorÃa que, sexa como sexa, sempre gaña.
A variante da Nacional adormece ao lugar polo que impide pasar, a variante circular deixou malestar dentro e moitas outras variantes encheron de broza os camiños, os carreiros e os sendeiros. As variantes do Xestelo e do Agrelo, a onde te levan? E, a onde nos levan as variantes que tanto proliferan? Ninguén sabe nada e, ao parecer, non hai nada que saber. En todo caso, a variante non vai a ningures, é o fin, a onde moitos van para retornar, para ver ou non ver, para andar e non avanzar.
Variante Norte, Sur ou Sueste, variante do aceite refinado ou do viño de Quiroga, variante para andar amodo, para reducir o tráfico de alà ou de aquÃ, para vencer a enfermidade, para illarse ou perderse entre ninguén, para non falar con ninguén e non ter ninguén a quen preguntarlle ou contarlle algo ou nada.
Nada é o obxectivo. Nada de aprendizaxe, nada de coñecemento, nada de información, pouco pensamento ou pensamento en nada. Nada de falar, conversar, dialogar ou discutir. Xa o di a tÃa Manuela, “con estes principios, imos de mal en peorâ€. Nada e máis nada. A variante tampouco axuda nada. Non, señor! Vai ata chegar a onde non se poida seguir, a onde haxa que dar a volta e recuar para entrar en calquera variante do Camiño e atravesar, con moito coidado, unha das múltiples variantes ferroviarias.
|